Page 46 - Demo
P. 46
46
breves
IXP Ternera Gallega crece
un 4% en 2016
e anuncia
a constitución do Consello Regulador das IXP de carne de vacún
de Galicia
Os datos facilitados pola entidade re icten un crece- mento superior ao 4%; cun 4,6% máis de canais cer- ti cadas; máis dun 4,1% máis de toneladas de carne baixo o amparo da IXP e o incremento no volume de negocio nun 4,4%.
As ganderías inscritas creceron nun 4%, acadando as 8.154, un incremento favorecido polo cambio de orientación produtiva leite-carne e a consolidación da denominación do sector.
Por outra banda, o propio director da IXP comunicou a constitución do Consello Regulador das IXP de Ga- licia integrado pola IXP Ternera Gallega e IXP Vaca e Boi de Galicia. Un novo Consello Regulador que bus- ca poñer en valor a carne fresca de calidade proce- dente de vacas e bois producidas en Galicia baixo as Indicacións mencionadas anteriormente.
“Momentos Extraordinarios” e viñas sen fungos en Viña Costeira
Decidida a terminar cos fungos nocivos nas viñas, a cooperativa Viña Costeira, xunto coa empresa galega Monet Tecnología e Innovación e o FEUGA (Fundación Empresa Universidade Galega), ás que se suma unha bodega valisoletana conforman Viti- cast, un grupo operativo supraautonómico que ten como obxectivo deseñar unha ferramenta que avise de posibles infeccións nas viñas, podendo así, dimi- nuír o emprego de antifúnxicos e incrementando, por tanto, a calidade dos viñedos.
O proxecto, que contará con 95.000 euros de nan- ciamento, acadou o terceiro posto entre as 45 pro- postas presentadas á convocatoria anual do Minis-
terio de Agricultura.
Porén, ademais de apostar por mellorar a calidade das uvas, a cooperativa tamén aspira a mellorar a calidade de vida das persoas a tra- vés do proxecto “Momentos Extraordinarios Costeira”, un novo paso na liña estratéxi- ca marcada pola bodega.
Así, diversas accións musi- cais completarán o fío con- dutor do proxecto asentado no “feito de gozar deses momentos únicos do noso día a día dende un enfoque diferente”.

