Page 45 - Demo
P. 45
Como alargar a batería do móbil
Os teléfonos móbiles actuais teñen moitas máis vantaxes ca os de antes, pero a duración da ba- tería non é unha delas. Fronte aos varios días que aguantaban os vellos dispositivos, agora toca deixar o móbil enchufado cada noite ou arriscar- se a quedar sen carga no peor momento.
Deixámosvos algúns trucos para non quedar sen batería:
1o - Usa só o necesario
Mesmo quieto no noso peto, o móbil funciona sem- pre tratando de conectarse á rede telefónica, aos datos de Internet, ás redes Wi-Fi, actualizando o soft- ware... Todo isto gasta batería. Se queres que che dure máis tempo, desconecta o que non precises: se onde estás non hai Wi-Fi,
apágao. Se non precisas o Bluetooth, igual. Se podes orientarte, apaga o GPS e o permiso para “Acceder á ubi- cación” porque ademais de consumir moitos datos, tamén gastan moita ba- tería.
2o - Menos é máis
Xa dixemos que o móbil está sempre ac- tivo polo que convén restarlle esforzos. Eli- mina todas as Apps que non uses porque, entre outras cousas, as actualizacións auto- máticas que realizan gastan batería e, por suposto, datos. De rebote mellorarás o rende- mento do teléfono e o espazo de almacena- mento.
3o - Luz e movemento
Reduce o brillo de pantalla, o tempo de espera de apagado de pantalla e evita o ash nas fo- tografías. Ademais, o modo vibración consome moita enerxía e, por raro que pareza, tamén a ro- tación automática de pantalla: evítaos se podes.
4o - Modos“Aforro de enerxía”e“Avión”
Son útiles en casos desesperados: non podemos apagar o móbil nin queremos gastar enerxía. Paran funcións que ocorren en segundo plano (procesos automáticos do teléfono que non controla o usua- rio) e aplicacións, por tanto reducen funcionalidade.
- “Modo avión” é moi drástico: prohibe enviar ou reci- bir chamadas e debemos conectarnos manualmen- te a Internet; a cambio, se o usamos mentres carga o móbil, aforrarnos uns minutos en tempo de carga.
-“Aforro de enerxía”: deixa usar chamadas e Internet (isto último só cando a pantalla está activa, polo que as Apps como correo electrónico ou WhatsApp funcionan se acendemos a pantalla e Wi-Fi ou da- tos). Podemos con guralo para que se active ao acadar unha determinada porcentaxe de batería e controlamos parámetros coma brillo de pantalla ou Apps que non debe parar nunca.
5o - Por obvio que pareza, apágao
Hai quen ten o móbil aceso 24 horas e 365 días; moitos fabricantes desaconsellan
iso.
45
cooperatic
No135 - Outubro 2017

