Page 43 - Demo
P. 43
Actualmente contan con 15 socios das catro pro- vincias galegas cunha media de 40 anos de idade. Suman 500 cebos/ano aínda que, segundo Diego, “as previsións apuntan a que cuadriplicaremos os números en catro anos. Cada día recibimos chama- das de xente que quere entrar na cooperativa”.
A cooperativa defende a selección xenética. O téc- nico-veterinario contratado encárgase de controlar
43
mundo cooperativo
a selección xenética, a alimentación e deseñar a formulación axeitada co n de acadar un punto de homoxeneización das canais,“de xeito que un por- co de Muros sexa igual que un de Ourense”, conta Diego.
Actualmente están a traballar no deseño dunha pá- xina web a través da que nun futuro incluso contemplan a posibilidade de vender produto a clientes particulares aínda que, ata o momento, o modelo de negocio oriéntase á venda da pro- dución con destino á alta restauración e tendas delicatessen. O enderezo da
web será www.tresfucinos.gal.
Obxectivos
Diego Romero ten moi claras as cua- lidades do porco celta: “Trátase dun porco moi adaptado ao medio natu- ral, aproveita todo o que producen os nosos montes e é un medio natural de prevención dos lumes nos montes, xa que se encarga de limpalos natural- mente”.
Aduce ademais un estudo dunha universidade que recoñece que estes animais “aboan, moven a terra e manteñen limpo o terreo, polo que as árbores cre- cen antes”.
Nós queremos salvar o porco celta que, á día de hoxe, aínda está en perigo de extinción e o mellor xeito de facelo, aínda que pareza contraditorio é criándoo para comelo despois”
A cooperativa comparte a losofía do movemento do slow food, un movimiento internacional que pro- move a idea de comer combinando o pracer da comida coa responsabilidade, sustentabilidade e harmonía coa natureza. De feito, conta co selo “slow food”, por cumprir con certos aspectos como o de ser respectuosos co medio ambiente ou apostar por produtos de proximidade.
“Somos a primeira raza de porcino que temos o reco- ñecemento do Ministerio: Raza 100% produto autóc- tono”, manifesta orgulloso Diego quen aspira a “que chegue o día que isto poida ser rendible e que a xente nova se asente no rural galego, cada vez máis despoboado”.
Ante a pregunta de si considera que é posible ter unha familia e vivir desta actividade, responde:“Teño moitos proxectos feitos e penso que aínda que é ne- cesario moito terreo, si se pode”.
No135 - Outubro 2017

