Page 42 - Demo
P. 42

42
mundo cooperativo
“O mellor xeito de conservar o porco celta é comelo”
Entrevista. Diego Romero, presidente Tres Fuciños S. Coop. Galega
   Diego Romero é un claro exemplo de mozo em- prendedor no rural. A relación co contorno agro- gandeiro venlle das vacacións e tempadas de le- cer na casa dos seus avós porque el criouse na vila de Boiro. Estudou un ciclo superior de xestión e organización de empresas agropecuarias en Sergude (Boqueixón –A Coruña) e de aí pasou á aventura de poñer en marcha unha explotación de porco celta.
Recoñece que os meses de prácticas durante os estudos, en contacto directo coas granxas e co personal técnico que coñeceu foron
clave no seu futuro: “Coñecín
moita xente, establecín boas relacións e apren- dín moito”.
Porco celta
Con 25 anos e sen terras
en propiedade apostou
por alugar unha antiga
granxa de visóns medio de-
rruída nunha hectárea de terreo
en Boiro co  n de reconvertela nun espazo dedicado á cría de porco celta.
Sabedor de que o terreo ía quedar escaso pronto, se se decidiu foi por causas económicas, levando a cabo os traballos de rehabilitación, el mesmo.
“Preparei a granxa e empecei con catro nais a  nais de 2014, principios de 2015”, di Diego. Ten o gando en semiextensivo, alimentándose de mestura de cereais máis o que toman directamente do terreo: herba, landras etc.
“O porco celta é unha raza pura, antiga, adaptada a vivir do medio.
É un animal de crecemento lento, acostumado a vivir en liberdade ou semi-liberdade cunha carne moi vermella, saudable, alta en graxas insaturadas, que está ao nivel dun bo ibérico”
“O porco celta é unha raza pura, antiga, adaptada a vivir do medio. É un animal de crecemento lento, acostumado a vivir en liberdade ou semi-liberdade cunha carne moi vermella, saudable, alta en graxas insaturadas, que está ao nivel dun bo ibérico”, ase- gura o produtor.
Diego decidiu apostar pola selección xenética e co- mercializar pola súa conta. A tendencia á caída nos prezos supuxo un importante contratempo: “Can- do empecei o quilo de carne pagábase a 4€- 4,5€ pero neste tempo foi baixando ata chegar aos 3€ ou 2,5€”, a rma. “O porco celta é un animal moi caro de producir. Despois dun ano, vendes un porco bo e quédanche 100 euros”.
A cooperativa “Tres Fuciños”
Os prezos tan baixos motivaron que moitas explotacións em- pezaran a falar de abando- nar a cría de porco celta. As conversas entre varios produtores derivaron nun- ha visita a AGACA e a partir de aí comezouse a traballar na creación da
cooperativa.
A principios de 2017 nace o cial- mente “Tres Fuciños”, unha nova cooperati- va que “busca vender a produción dos seus socios a un prezo xusto, criando e comercializando, para que así, todo o que se xere na cooperativa repercuta nos
socios”, explica este emprendedor.
 








































































   40   41   42   43   44