Page 40 - Demo
P. 40
40
mundo cooperativo
“Moitos axentes están interesados en que as
cooperativas non funcionen ben”
Entrevista. Agustín Herrero, director xeral de Cooperativas Agro-alimentarias de España
Dende xaneiro de 2016 é director xeral de Cooperativas Agro-alimentarias de España, tras 20 anos exercendo
como subdirector nesta entidade. Aproveitamos a súa presenza en Santiago de Compostela para participar dun encontro de xe- rentes das Federacións e Aso- ciacións cooperativas agroali- mentarias para coñecer a súa
opinión en diversas cuestións.
Cales son as cuestións máis relevantes hoxe para as distin- tas Federacións e Unións Territo- riais de cooperativas agroalimen-
tarias?
As federacións, do mesmo xeito que Cooperativas Agro-alimentarias de España, temos que dar respos- ta ás demandas das nosas cooperativas e socios, ese é o noso obxectivo. Traballamos para favorecer a actividade das cooperativas agroalimentarias, porque desta forma, contribuímos a mellorar a ren- dibilidade dos agricultores e gandeiros asociados. Estamos organizados sectorialmente, e en cada caso, seguimos o desenvolvemento dos mercados e a normativa que afecta á actividade das coopera- tivas, propoñendo cuestións que facilitan a súa ac- tividade.
Tamén traballamos a nivel xeral desenvolvendo ini- ciativas que axudan ao traballo das cooperativas, como pode ser todo o relacionado coa Política Agrícola Comunitaria, o equilibrio da cadea agroa- limentaria, a integración, a volatilidade, os acordos comerciais, os retos ambientais ou os relacionados coa sanidade animal e vexetal, ou a innovación, en- tre outros. En de nitiva, temos que adaptarnos conti- nuamente ás necesidades dos nosos socios.
Algunha novidade que poida contarnos en torno ao movemento cooperativo?
O movemento cooperativo está vivo e danse novida- des todos os días, creo que os procesos de integra-
ción que se deron nos últimos anos van bene ciar aos nosos socios, cooperativas e ao sector en xeral. Non nos podemos adiantar porque esas son cues- tións empresariais que deben comunicarse polas propias cooperativas, pero creo que imos avanzar nesa liña noutros sectores.
Desde Cooperativas Agro-alimentarias de España tratamos ademais de divulgar o importante papel que realizan as cooperativas. Recentemente outor- gamos os Premios de Cooperativas Agro-alimenta- rias de España 2017, que nesta ocasión recoñeceron o papel das cooperativas en innovación, desenvol- vemento rural, igualdade de oportunidades e coo- perativa do ano. Estes premios aos que se presentan cada ano máis cooperativas, teñen unha importante divulgación e unha gran acollida, o que nos anima a continuar organizándoos.
“Lamentablemente na nosa sociedade primouse o individualismo e o modelo económico capitalista”
Como se explica que a totalidade de agri- cultores e gandeiros españois non formen parte dalgunha cooperativa?
Estou convencido de que o cooperativismo é a me- llor solución para os agricultores e gandeiros espa- ñois para o seu acceso ao mercado, para a pervi- vencia das súas explotacións e para o seu futuro. Lamentablemente na nosa sociedade primouse o in- dividualismo e o modelo económico capitalista, que favoreceron a aparición de estruturas comerciais intermediarias, que loitan contra o desenvolvemento do cooperativismo, porque lle vai niso a súa propia supervivencia. As administracións tampouco creron su cientemente no modelo cooperativo como mellor solución para agricultores e gandeiros e xeron polí- ticas de “café para todos” que tampouco axudaron.
“O cooperativismo é unha das poucas ferramentas que agricultores e gandeiros van ter para enfrontar os retos do mercado”

