Page 38 - Demo
P. 38

38
mundo cooperativo
Escepticismo das cooperativas de leite ante a próxima reforma lexislativa das OP
 Xa pasaron catro anos dende que en 2013 nacía a primeira organización de produtores (OP) integra- da por cooperativas galegas de leite.Actualmente, en España  guran inscritas once OP lácteas, oito de vacún e tres de ovino mentres que en Europa contabilízanse 260 Organizacións de Produtores lácteas (datos de 2015).
A Xornada “Sector lácteo: novo escenario, novos re- tos e nova lexislación para as OP de leite”, organi- zada por Aprolact S. Coop. a  nais de outubro tivo por  nalidade informar ás cooperativas sobre as pro- postas que o Ministerio de Agricultura presentará ao sector sobre a reforma do Paquete Lácteo: Organiza- cións de Produtores Lácteos, Primeiros Compradores de Leite de Vaca e Contratos Lácteos prevista na UE, e da posición de Cooperativas Agro-alimentarias de España ante a mesma.
Europa
O peso da  gura das OP nos distintos países euro- peos varía en función da fortaleza das cooperativas do país, así naqueles onde a  gura cooperativa é máis forte, as OP e as AOP (Asociacións de OP) non son percibidas como  guras tan esenciais. En Euro- pa, a tendencia apunta a unha previsible redución no número de OP lácteas ao mesmo tempo que incrementan tamaño e adquiren un carácter máis transversal.
Proximamente, segundo as autoridades comunita- rias, dará inicio unha campaña de promoción para
que os gandeiros se adhiran ás OP de leite co  n de mellorar a súa posición no Paquete Lácteo. A cam- paña incluirá axudas económicas.
España
Entre as propostas de Cooperativas Agro-alimenta- rias de España  guran a posibilidade de que unha sección dunha cooperativa poida ser OP; que exista un compromiso dos gandeiros integrantes de comer- cializar o 100% da súa produción coa OP e a posta en marcha de mecanismos de control das funcións comprometidas pola OP, entre elas avaliacións na concesión de axudas.
Outro punto relevante é a necesidade de que as Organizacións de Produtores poidan amosar un ca- rácter comercial, non só negociador. Neste punto, Fernando de Antonio, técnico de gandería de Coo- perativas Agro-alimentarias de España insistiu en que “para mellorar a capacidade de negociación arredor do leite dos gandeiros deben darse estra- texias conxuntas” e que “as OP son o instrumento de futuro para mellorar a posición dos gandeiros na ca- dea de valor do sector”
“As OP son o instrumento de futuro para mellorar a cadea de valor do sector”
Fernando de Antonio, Cooperativas Agro-alimentarias de España
A representante do Ministerio de Agricultura, Lara del Río, quixo achegar unha mensaxe positiva orienta-
 



















































































   36   37   38   39   40