Page 36 - Demo
P. 36
36
mundo cooperativo
Os gandeiros de APROLACT perciben preto de 900.000 euros
Segundo se desprende dos datos publicados este verán polo Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), os gandeiros socios das 13 cooperati- vas integradas na Organización Produtores (OP) APROLACT S. Coop. Galega poderían ter recibido case 900.000 euros en concepto de axudas públi- cas dirixidas ao vacún de leite.
Despois de que no verán, o Ministerio de Agricultu- ra dese por iniciado un proceso de negociación para revisar o papel das OP e dos primeiro compra- dores, AGACA anima ás cooperativas que integran APROLACT a traballar no xeito de relanzar esta gura concibida como unha ferramenta práctica de ar- tellamento da oferta do sector lácteo e procurar o reequilibrio do poder negociador no conxunto da cadea de valor do sector.
Cómpre que tanto as cooperativas como as súas persoas socias estean atentas ás posibilidades que se abren a través das OP como unha vía de estruturación do sector leiteiro
Dada a aposta que por esta gura están a facer or- ganismos da Unión Europea, do Goberno Central e da Xunta de Galicia, cómpre que tanto as coope- rativas como as súas persoas socias estean atentas ás posibilidades que se abren a través das OP como unha vía de estruturación do sector leiteiro.
APROLACT
A cooperativa de segundo grao, Aprolact recoñe- cíase como Organización de Produtores Lácteos en febreiro de 2013. Nacía co n de reforzar a actividade económica das cooperativas e persoas socias me- diante a concentración da oferta e aínda que non pretendía comercializar en conxunto o leite, si conta- ba con negociar prezos e condicións de contratos coas industrias.
Integrada por seis cooperativas galegas: A Cape- la, Agris, Feiraco, Leira, Melisanto e Os Irmandiños, Aprolact partía con 1.600 gandeiros e un volume de leite de 350.000 toneladas.
As trece cooperativas que hoxe integran Aprolact comercializan máis de 550.000 litros de leite proce- dente de preto de 2.000 gandeiros, segundo datos do mes de xullo emitidos polo Rexistro Nacional de Organizacións e Asociacións de Organizadores de Produtores de Leite.
As dúas OP leiteiras inscritas en Galicia superan, en conxunto, os 4.700 gandeiros inscritos e acadan un volume total superior a 1.227.000 toneladas de leite comercializado, sendo a Comunidade Autónoma que move máis litros de leite de vacún, a través das Organizacións de Produtores inscritas en toda Espa- ña, superando en case o dobre á seguinte por volu- me, que é Castela León, con 950 gandeiros.
Rexistro Nacional Organizacións e Asociacións de Produtores de Leite

