Page 37 - Demo
P. 37
37
mundo cooperativo
Satisfacción entre as queixerías galegas co programa de emprego no rural
da Cruz Vermella
A aposta de Cruz Vermella por implicar ao sector primario no programa “Reto Social Empresarial en materia de Inserción Laboral: Alianzas” fíxose rea- lidade co deseño dun programa formativo espe- cí co orientado a cubrir as necesidades profesio- nais das queixerías galegas que vén de rematar este verán despois da formación teórica e prácti- ca recibida por máis de 10 alumnos.
En realidade, as carencias detectadas á hora de atopar traballadores con coñecementos especiali- zados no caso das queixerías son queixas que ta- mén, comparten a maior parte dos empresarios do rural de Galicia.
Inmersos na tarefa de integrar persoas que, por cir- cunstancias (idade, vítimas de violencia de xénero, mulleres sen experiencia profesional fóra da casa, emigrantes, etc.), acusan un per l máis complicado á hora de aspirar a un emprego, Cruz Vermella visitou empresas e escoitou as súas necesidades reais en materia de formación para despois organizar un cur- so dirixido a formar aos alumnos a través de módulos deseñados e creados especialmente para satisfacer as demandas das empresas.
Determinadas queixerías souberon ver a pertinencia desta actividade e colaboraron, dende o principio, coa preparación destes alumnos e alumnas dos que varios, xa forman hoxe parte do plantel das empre- sas.
Mesa diálogo sector lácteo
A entidade sen ánimo de lucro reuniu a varios dos empresarios e formadores desta actividade nunha mesa de diálogo do sector lácteo onde analizaron as competencias necesarias para incorporar traba- lladores. Os asistentes insistiron na gran satisfacción de ter formado parte activa nesta actividade e na gran profesionalidade das orientadoras laborais que fan un traballo previo intenso, tamén, de selección do alumnado co n de asegurar a actitude, vontade de integración e implicación co curso e as prácticas posteriores.
A mesa de diálogo do sector lácteo contou con representantes da Queixería “O Brexeo”, “Queixería Barral”, “Queixerías Bama”, Queinaga, e as Denomi- nación de Orixe Arzúa-Ulloa e Queixo Tetilla; a Aula de Produtos Lácteos e tecnoloxías agroalimentarias, Innolact, Casa Grande de Xanceda, AGACA e diver- sos representantes da Cruz Vermella.
A Xornada rematou coa entrega de diplomas ao alumnado do curso desenvolvido.
Cruz Vermella seguirá a traballar na profesionaliza- ción da actividade formativa e na integración das persoas no ámbito rural máis industrial, habitualmen- te máis desfavorecido que outras áreas máis vincu- ladas ao urbano.
No135 - Outubro 2017

