Page 39 - Demo
P. 39

    da ás posibilidades das OP como un instrumento estabilizador nas relacións entre os diferentes elos da cadea de valor do leite, que sirva como medio para conseguir contratos máis estables, garantía nos prezos e na recollida e incluso, nas negociacións co- lectivas.
O Ministerio propón un cambio na de nición de comercialización, coa obriga de comercializar en común e obter o compromiso efectivo do socio de entregar o 100% da produción. Caso de conseguirse, Del Río apunta á necesidade de proceder a unha revisión nos requirimentos de produción e comercia- lización que están a seguir as distintas OP para valo- rar que se cumpran en todas por igual.
Tamén se contempla como unha opción viable que poidan darse Asociacións de OP de diversos subsec- tores.
“As OP poden favorecer a estabilidade nas relación entre os diferentes elos na cadea de valor do leite”
Lara del Río, Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente
Cooperativas galegas
Aínda que non se agardan excesivos cambios a raíz da nova lexislación, neste punto, os representantes das cooperativas de leite expresaron certas dúbidas ante a efectividade real das Organizacións de Pro- dutores en canto non están a ser útiles á hora de negociar os prezos do leite ante a Industria e, por tanto, desenvolver o papel principal para o que foron
concibidas: imprimir un equilibrio na posición dos produtores na cadea alimentaria.
Valóranse os apoios a través das axudas vía PDR (Plan de Desenvolvemento Rural) ou plans de me- llora pero: “Non advertimos un apoio claro na ope- ratividade das OP, como un reequilibrio no proceso de negociación e cadea de valor coa industria”, indicaron.
Entre outras consideracións, constátase que: “A ca- dea está desequilibrada. É preciso crear valor, pro- cesos de transformación, industrialización...Son ne- cesarios grandes investimentos en comercialización, económicos etc”
Amosaron tamén acordo en que o compromiso é necesario pero “Non temos un problema de falta de compromiso. O que nos falta é seguridade: o leite non é estocable, as cooperativas temos a obriga de mercar o leite...”
O presidente de AGACA, José Montes quixo poñer a nota positiva tratando de ver á OP como unha opor- tunidade para seguir dando pasos cara á integra- ción cooperativa, nun momento en que se percibe unha certa predisposición neste senso. Así mencio- nou o caso de CLUN, Aira, Dairylac e Celega como exemplos de certo movemento no sector:“Pasos de xigante cara á incorporación cooperativa”.
“Temos certa fortaleza, fáltanos arrancar”
José Montes, Presidente de AGACA
  No135 - Outubro 2017
 Consorcio de Promoción de Ovino S. Cooperativa
José Antonio Asensio, director-xerente do Consorcio expuxo as claves do éxito desta cooperativa de primeiro grao nacida da unión de oito cooperativas do subsector de ovino. Agrupa 820 gandeiros e factura 90 millóns de euros.
Segundo Asensio a estratexia principal é a dimensión. Fixéronse acordos cos gandeiros, un por un, co seu compromiso de entregar o 100% da produción á cooperativa.
Un exemplo de caso de éxito dunha cooperativa constituída tamén como OP que serviu de mostra das posibilidades competitivas dunha Organización de Produtores.
















































































   37   38   39   40   41