Page 41 - Demo
P. 41
O novo enfoque da PAC, cun mercado aberto e libe- ralizado, sen instrumentos de xestión da oferta, pon de manifesto que o cooperativismo é unha das pou- cas ferramentas que agricultores e gandeiros van ter para enfrontar os retos do mercado.
Con todo, tamén é verdade que para ser forte no mercado fan falta cooperativas ben dimensionadas e ben xestionadas, e iso tampouco se pode conse- guir da noite para a mañá. Fai falta un traballo ben feito durante anos.
Considera que o cooperativismo en España está su cientemente profesionalizado?
Eu diría que neste tema nunca é su ciente, canto máis profesionalización, mellor. O mundo agroali- mentario está en permanente cambio, é cada vez máis competitivo e, para estar á altura, as coopera- tivas tamén teñen que mellorar a súa xestión conti- nuamente. Os seus consellos reitores, tamén deben estar su cientemente capacitados para comprender o negocio da cooperativa, o sector no que actúa e ter a capacidade de controlar adecuadamente a xestión dos profesionais.A boa relación entre a estru- tura técnica e o consello reitor é unha das claves do bo funcionamento das cooperativas.
Temos dende cooperativas locais que facturan uns poucos miles de euros, ata cooperativas que supe- ran os mil millóns de euros de facturación. Evidente- mente, o grao de profesionalidade non é o mesmo en todos os casos. Pero si podemos dicir que a maior parte do volume de negocio das cooperativas está razoablemente ou ben xestionado.
Neste ámbito tamén é importante a dimensión em- presarial, porque un escaso volume de negocio fai inviable poder contar cos profesionais necesarios para unha boa xestión.
Como estamos a nivel formativo con respec- to ao resto de entidades cooperativas de todo o mundo?
A formación é importante para calquera empresa pero no caso das cooperativas é máis importante aínda. Non só hai que xestionar a cooperativa como calquera outra empresa agroalimentaria no referen- te ao mercado senón que, por riba, está todo o re- lacionado co socio que, ademais de propietario, é provedor e cliente das actividades da cooperativa.
Por outra banda, como dixen anteriormente, vivimos nun “mundo non cooperativo” con moitos axentes interesados en que as cooperativas non funcionen
41
mundo cooperativo
ben, e isto hai que combatelo con formación e in- formación.
Con respecto a outras partes do mundo, sempre nos xamos nos que o fan mellor que nós porque é a for- ma de avanzar, e si que nos damos conta que temos marxe para percorrer. En particular, debemos insistir na formación dos consellos reitores, que son o órga- no crave do funcionamento das cooperativas, nun mundo cada vez máis complexo.
Ultimamente o sector, en Galicia, está a vivir importantes proxectos de integración (Clun, Aira...). Ao nivel de resto de España está a traballarse nunha dirección similar; son de- beres que xa están feitos ou aínda se está debatendo?
Estamos nun momento no que todo o cooperativis- mo asumiu a necesidade da integración das coo- perativas para gañar a dimensión que requiren os mercados actuais. A isto axudou notablemente a lei de integración cooperativa, as medidas de apoio ás Entidades Asociativas Prioritarias e as medidas im- plantadas en varias Comunidades Autónomas. Pero, nisto, como noutras cuestións, sempre haberá que seguir avanzando, consolidando os proxectos que nacen, para seguir abordando novos proxectos.
A experiencia demóstranos que a medida que crece o negocio dunha cooperativa, abórdanse cada vez máis proxectos novos, para seguir mellorando a posi- ción no mercado e para asegurar en maior medida o valor engadido para as rendas dos socios.
Hai que chegar á sociedade para que sexa consciente do papel que realizan as cooperativas
As asociacións estamos a desenvolver con- tinuamente accións para promover e fomen- tar o cooperativismo, que máis podemos facer?
Este é un labor que debemos facer a diario e dende logo, reforzalo transmitindo os bene cios que ache- ga ser socio dunha cooperativa, con exemplos que todos temos na cabeza. Hai que reforzar a comuni- cación do positivo, todo o que se fai en innovación, no coidado do medio ambiente, en e ciencia ener- xética, en mantemento do medio rural, en produción de alimentos sans e seguros. Hai que chegar á socie- dade para que sexa consciente do papel que reali- zan as cooperativas.
No135 - Outubro 2017

