Page 35 - Demo
P. 35
Comeza a IV edición
do Máster en Produción de leite da USC
En setembro tiña lugar a xornada inaugural do Máster en Produción de Leite do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela (USC) no LIGAL (Laboratorio Interprofesional Galego de Análise de Leite).A conselleira do Medio Rural,Án- geles Vázquez e o vicerreitor de coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno, xunto cos directo- res do LIGAL, do CIAM (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo) e do Máster, foron os encargados de presentar a cuarta edición deste curso de posgrao.
Unha decena de estudantes recibirá formación es- pecí ca sobre a produción leiteira a través deste curso, que nace en resposta a unha demanda do sector produtor de leite de Galicia e da Cornixa Can- tábrica, ante a constatación dunha falta de técnicos cun per l axeitado ás necesidades das explotacións. Ata 2012, ano de celebración do primeiro Máster, non existía, en Galicia, ningunha titulación centrada neste ámbito.
A formación estruturarase arredor de clases presen- ciais teóricas e prácticas, estudos de casos, confe- rencias maxistrais de expertos nacionais e interna- cionais, prácticas de campo en empresas e viaxes de prácticas.Abarca todos os aspectos involucrados
na produción láctea: morfoloxía, sioloxía e manexo sanitario dos animais, calidade do leite, xestión de instalacións gandeiras, organización do traballo, economía e xestión da produción e a explotación e produción de forraxes.
A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, sa- lientou a calidade dos formadores “profesionais de gran prestixio”, dos que un 30% pertence á USC e o resto a profesionais do subsector leiteiro e que se celebre “nun momento crucial no ámbito galego no que o consumidor demanda institucións, cada vez máis profesionalizadas”.
Acompañando a Vázquez e Bueno tamén estaban José Manuel Pereira, director do Máster; Manuel Ló- pez, director do CIAM e Roberto Lorenzana, director xerente do LIGAL, quen destacou a necesidade des- ta formación xa que “o lácteo é o motor vertebrador de moitas comarcas galegas e o alumnado ache- gará un plus de coñecemento importante no agro galego”.
Enfocado a graduados, máster, diplomados, licen- ciados e enxeñeiros técnicos e superiores, entre as entidades que o patrocinan están Delagro, Capsa, CAP Coruña, Progando e a Deputación de Lugo.
35
a fondo
No135 - Outubro 2017

