Page 27 - Demo
P. 27
As esixencias normativas en canto a emisións conta- minantes e consumo de combustible, implican unha progresiva mellora na e ciencia dos motores que equipan á maquinaria agrícola.
Por outra banda, tendo en conta que cada vez se incorporan máquinas con maiores prestacións e po- tencia debemos considerar que o custo de combus- tible mantén unha progresión sostida á alza.
Así mesmo, o factor que somete de forma máis nota- ble o custo de combustible é o propio prezo do ga- sóleo agrícola. Neste senso, resulta conveniente facer un seguimento continuado do consumo de cada máquina e adaptar os prezos do servizo tendo en conta de forma estrita o efecto que ten este custo no total.
Se se mantén a tendencia actual de incorporación de maquinaria con maiores motorizacións débese facer un estudo do consumo vinculando o rendemento nal da máquina, sexa por hectárea de traballo realizado (tractores e colleitadoras), ou en toneladas de alimento
mesturado, no caso dos carros.
Dispoñer de datos reais tanto de consumo de combustible como dos rendementos individuais de cada máquina permite facer unha análise acertada das necesidades de potencia e do efecto do consumo de combustible nos custos operativos
de cada máquina.
Man de obra
Neste custo englóbase todo o persoal necesario para o funcionamento dun parque de maquinaria. Por tanto, inclúe os salarios e seguros sociais dos choferes, mecánicos, técnicos e persoal auxiliar que interveñen no funcionamento e xestión do servizo.
Neste apartado, débese pór especial atención en trasladar correctamente o cálculo de custos, tanto cando as máquinas están funcionando como men- tres están paradas para mantemento ou por falta de carga de traballo. É un erro frecuente considerar unicamente o salario do chofer que manipula habi- tualmente o equipo sen ter en conta ao resto do per- soal de estrutura, para que o equipo que este chofer manexa estea en condicións ou sexa reparado por persoal propio (se é o caso).
Tal e como pode observarse na Táboa no1, os custos de persoal son os de maior peso no total de custos de operación con maquinaria agrícola. Inclúese no
27
caderno técnico
custo de man de obra, todo o equipo de persoal que intervén no servizo. Polo tanto, estamos a falar de que o peso do persoal sumando salarios e seguridade social, no conxunto, ten un peso superior ao 32% de media. Sirva este dato para valorar en que medida os custos do servizo deben re ectir os custos reais.
Cando falamos de ser estritos na estimación de to- dos os custos que repercuten no prezo de servizos con maquinaria agrícola non debemos considerar outras premisas que non sexan respectar a legalida- de no que se re re ás obrigas legais e scais, ao res- pecto da contratación de persoal, a retribución de salarios e os seguros sociais.
A maior di cultade non está en determinar correctamente o impacto da man de obra na conta de resultados para a súa avaliación, senón en dispoñer de persoal capacitado para o manexo de maquinaria profesional e adaptado á exibilidade
que esixe este tipo de traballo.
As condicións meteorolóxicas e a xestión das forraxes asociada ás explotacións ás que se prestan os servizos son factores que conforman unha carga de traballo marcadamente estacional e con alta variabilidade interanual.
Logo de analizar polo miúdo cada compoñente de custo vinculado ao traballo con maquinaria agríco- la e de analizar o seu impacto, amén da evolución do mesmo ao longo do tempo, tentaremos avaliar aspectos importantes no que ten que ver coa xestión dun parque de maquinaria.
Evolución dos servizos profesionais de ma- quinaria agrícola
A evolución das empresas de prestación de servizos con maquinaria agrícola ou de entidades asocia- tivas con parques de maquinaria agrícola para os asociados é certamente dispar ao longo do tempo. Non obstante, descartando os extremos en canto a crecemento do servizo e calidade de xestión, pode- mos facer unha retrospectiva sinxela co n de anali- zar a propia evolución.
Revisar a evolución dun servizo é certamente sinxelo se se dispón de información axeitada e se coñece o entorno no que se realiza. Neste senso destacare- mos, antes de empezar esta análise, que dispoñer de información histórica global non é doado, polo que abordaremos a análise dende o soporte do coñece- mento do sector.
No135 - Outubro 2017

