Page 25 - Demo
P. 25
Na Táboa no1, o dato que se re icte no apartado de reparación e conservación é unicamente o valor dos repostos empregados para estas tarefas en cada máquina sen incluír a man de obra asociada, nun modelo de xestión baseado nun 95% en mecánicos propios. Debe terse en conta que a man de obra asociada a esta tarefa estaría incluída no concepto de soldos e salarios da mesma táboa.
Non tendo por que ser representativo o valor exposto nesa táboa, ao tratarse dunha única mostra asocia- da a un parque de maquinaria agrícola concreto, si ten o valor de considerar datos históricos e de servir de guía para os estudos de custos nese mesmo par- que.
Usando como referencia os valores da Táboa no1 pode observarse que, o custo de pezas para repa- ración e mantemento representa un valor similar en porcentaxe de custo cando se trata de equipos au- topropulsados (tractores, colleitadoras de forraxe e carros mesturadores), en torno ao 13% do custo ope- rativo. Por outra banda, vemos que o mesmo custo nunha cisterna baixa ata niveis do 7,1%.
En todo caso, se consideramos diferentes apeiros, este valor ten grandes utuacións segundo o tipo de traballo que realice, xa que nada ten que ver o gasto dun equipo de laboreo con desgastes elevados, co de equipos de aplicación de tosanitarios, máis sen- sibles aos impactos, ou remolques de transporte, con maiores gastos en rodas.
Esta variabilidade é a que esixe dispoñer de datos reais e históricos dos custos por este concepto inde- pendizados por máquina, xa que nin todas as má- quinas son iguais, e aínda sendo o mesmo tipo de máquinas, marcas e versións distintas poden amosar resultados diferentes.
Ao mesmo tempo, non se debe perder de vista a necesidade de levar un correcto control das horas reais de traballo que acumula cada máquina para poder tomar decisións estratéxicas en canto á nece- sidade de substitución por un novo equipo. Unha re- ferencia para valorar a posibilidade de substitución é enfrontar os custos de reparación/mantemento ao de amortización; se as porcentaxes se aproximan de- bemos analizar esta opción.
Sendo este representativo dentro dos custos varia- bles, é importante que se estime convenientemente o seu impacto ao elaborar o estudo económico. En todo caso, o seu valor depende moito do sistema de control, xestión das tarefas de mantemento e da capacitación profesional do persoal que manexa e repara os equipos.
25
caderno técnico
Tamén teñen un valor crítico os custos dos repos- tos, xa que non todos os fabricantes operan coas mesmas calidades e políticas de servizo. Cuestión fundamental é a disposición dos concesionarios a ter stocks su cientes de repostos a prezos competi- tivos, ou dispoñer de servizo de mecánicos profesio- nais para a reparación de avarías.
Na medida en que as novas tecnoloxías están máis presentes nas máquinas que se incorporan aos parques profesionais, resulta imprescindible que os concesionarios teñan persoal cuali cado para
a atención post-venta.
Se valoramos a liña de negocio dos concesionarios o ciais, poden observarse cambios notables da man das políticas dos fabricantes en canto ao servicio post-venda e á dispoñibilidade de profesionais ca- pacitados para a posta a punto dos novos equipos e a solución das incidencias.
Ao mesmo tempo, a xerencia dos concesionarios res- ponde de diferente xeito —en canto ás políticas de atención e servizo— no que ten que ver coa exibili- dade e adaptación ás intensas xornadas de traballo asociadas ás, cada vez máis curtas, campañas de colleita e laboreo.
Nos últimos anos, e por mor das fortes
esixencias en canto á dispoñibilidade e abilidade de equipos, tense constatado un aumento da substitución de equipos amortizados en torno ao 50%. Non polos
elevados custos de reparación e mantemento, senón pola garantía que supón un equipo novo fronte ás posibles avarías.
Esta tendencia responde a unha estratexia táctica que, cuali cándose como “acertada”, esixe un plan nanceiro moi elaborado e un control de xestión moi estrito.
Consumo de combustible/arrastre
Neste concepto encádrase o consumo de combus- tible no caso de máquinas autopropulsadas, que teñen motor propio (colleitadoras, tractores, carros). No caso dos apeiros que requiren dun tractor para o seu funcionamento considérase o custo de arras- tre. Primeiro debe determinarse o custo operativo do tractor considerando as esixencias de potencia que implica mover os diferentes apeiros.
Para avaliar o consumo de combustible pódense empregar os datos que achegan os fabricantes que,
No135 - Outubro 2017

