Page 23 - Demo
P. 23
de maquinaria, vehículos para asistencia e mante- mento, responsabilidade civil da empresa etc).
Debemos ter en consideración que cada elemento da estrutura que presta servizos e xera ingresos dé- beo facer soportando, en proporción, a cota corres- pondente do custo estrutural. Cuestión similar se de- berá considerar no caso da amortización e os xuros.
Na Táboa no1, pode observarse como a porcentaxe de custos operativos que representan os xuros sitúa- se en torno ao 2% no caso de máquinas automotri- ces e moi próximos, aínda que lixeiramente inferiores, os dos apeiros remolcados. Debe terse en conta que neste concepto inclúense, tanto os seguros directos sobre os equipos como a parte proporcional dos se- guros que dan cobertura ao resto da estrutura.
Ao igual que no sector nanceiro, as entidades aseguradoras estanse a especializar en prestacións especí cas
para dar cobertura aos riscos asociados, deseñando paquetes de seguros que tratan de responder ás necesidades propias e características dun parque
de maquinaria agrícola.
Esta especialización resulta positiva para as entidades que xestionan parques de maquinaria e empresas de servizos, toda vez que a demanda de pólizas especializadas poida ter unha resposta
axeitada en coberturas e prezos competitivos.
Ao longo dos últimos anos, e dado o forte incremento do valor dos equipos que se incorporan aos parques de maquinaria agrícola, incrementouse o número total de pólizas especí cas
para maquinaria e estrutura asociada.
Ao mesmo tempo, o incremento de oferta por parte das aseguradoras en coberturas e prezos competitivos permite manter uns custos limitados
neste concepto.
Custos de Aloxamento/Estruturais
Como se comentaba no apartado anterior, non só debemos considerar os custos directos que xera unha máquina agrícola como tal, senón que tamén debemos ter en conta os custos de toda a estrutura necesaria para manter operativa a mesma. Este é un dos máis difíciles de imputar xa que require dun exhaustivo control documental de todos os custos estruturais e indirectos que implica esta actividade.
23
caderno técnico
Un xeito simple de facer esta imputación é vinculala á amortización anual como unha porcentaxe, xa que habitualmente os equipos de maquinaria de maior importe requiren
de maior super cie de aparcadoiro en nave, maior asistencia en campo e unhas tarefas de mantemento máis demandantes de medios (ferramentas, equipos de lavado etc).
Sendo complexo determinar este custo, podemos matizar que cada vez se ten en maior consideración determinar coa máxima exactitude, o seu importe, toda vez que as estruturas que se necesitan para dar soporte á actividade requiren de maiores investimen- tos (naves para taller, zonas de lavado, aparcadoiro, medios auxiliares para reparación e mantemento etc.
Ao mesmo tempo que o grado de profesionalización é moi dispar, o nivel que se acada no correcto man- temento e reparación da maquinaria agrícola de- pende moito da experiencia e da xestión do servizo.
Pódese destacar a continua mellora nas instalacións dedicadas a dar soporte á maquinaria para a pres- tación de servizos. Esta mellora nas estruturas de soporte constátase tanto nas empresas de servizos profesionais, coma nos concesionarios de maquina- ria agrícola que centraron a súa estratexia de expan- sión comercial no servizo post-venta.
Custo de xestión do servizo
Aínda que estes custos tamén son de difícil estima- ción e necesario xestionar correctamente o plan de traballo de cada máquina, facer un control do tra- ballo realizado e un seguimento de todo o proceso de con guración de albarás de traballo, facturas e xestión de cobros. Polo tanto, os custos destes traba- llos de xestión tamén se deben imputar proporcional- mente a cada máquina do parque.
Unha forma de imputar este custo e vinculalo á facturación prevista con cada máquina é repercutir unha porcentaxe en cada unha,
coma contribución aos custos de xestión.
Os custos de xestión poden ter en consideración, tanto custos do persoal de xestión propio, como ser- vizos prestados por xestorías externas para o control da facturación e xestión nanceira do servizo de ma- quinaria agrícola.
Ao igual que nos últimos anos evolucionou a xestión profesional dos parques de maquinaria e de empre- sas de servizos, as xestorías e profesionais do control contable e naceiro acadaron unha mellora notable no seu asesoramento e resultados económicos.
No135 - Outubro 2017

