Page 22 - Demo
P. 22
22
caderno técnico
Esta tendencia está supoñendo un forte investimento nos parques de maquinaria —non sempre correctamente estudados— e, por outra banda, un “exceso de oferta” que nalmente limita a carga de traballo real que poden realizar
os novos equipos.
“En de nitiva, facer investimentos en equipos de maquinaria de altas prestacións e gran capacidade operativa leva asociada unha forte amortización que ten que repercutir sobre un menor número real de horas facturadas, polo que
o resultado non sempre é positivo”
Xuros
Resulta obvio que destinar un capital a un investi- mento material implica inmobilizar unha partida que doutro xeito podía estar xerando réditos para o seu propietario.A forma máis sinxela de analizar este cus- to é debullar o impacto que supón dispor dun cré- dito bancario para nanciar calquera investimento.
A nivel nanceiro, o respaldo necesario para adqui- rir unha máquina agrícola é importante en función do equipo a adquirir. No caso de tractores, como principal equipo nun parque de maquinaria, pode situarse dende os 90.000€ ata superar os 250.000€, segundo a potencia e o equipamento.
Se o investimento a realizar é unha colleitadora de fo- rraxe, os valores a considerar xa parten dunha base de 200.000€ e poden superar os 500.000€. No caso dos apeiros, a variabilidade e moi ampla xa que a gama é extensa e as capacidades de traballo, equi- pamento e prestacións son moi variables.
Retornando ao efecto do custo dos xuros, debemos ter en conta que as condicións dos créditos poden ser máis ou menos favorables ao comprador, pero implican algo ineludible, que resulta de non dispoñer en “propiedade real” o ben afecto ata que non se satisfagan todos os pagos. Algo relevante ao anali- zar economicamente uns investimentos, e que pode limitar un plan de viabilidade se a xestión de cobros por servizos realizados non é estrita e plani cada.
O mercado nanceiro, nos últimos 15 anos, ten pre- sentado grandes utuacións, tanto no que se re re ao valor dos xuros asociados aos préstamos, como nas garantías e/ ou limitacións no acceso aos prés- tamos para este tipo de investimentos.
A evolución do mercado nanceiro mundial e as continuas crises económicas remataron presentan-
do no sector comercializador de maquinaria agríco- la —actor ata hai un tempo descoñecido na nosa comunidade—, ás nanceiras especializadas en ma- quinaria agrícola.
Dende hai uns cinco anos, as nanceiras especiali- zadas en maquinaria agrícola acadan un peso im- portante no sector comercial da man dos grandes fabricantes e presentadas a través dos concesiona- rios o ciais. Estas entidades de crédito especializa- das favorecen en gran medida os investimentos a xuros moi competitivos, co aval da súa experiencia en operacións de investimento en maquinaria e co respaldo da súa gran capacidade para revender no mercado unha máquina que “recuperan” por impa- go das cotas establecidas co comprador.
Claro está que facilitar o acceso ao crédito favorece a adquisición de maquinaria nova, de mellores pres- tacións e potencia, pero non é menos evidente que os créditos implican a devolución total do capital e os xuros, e canto maior é o investimento, maior resul- ta o montante dos xuros asociados.
É notable o esforzo do sector comercial por favorecer o acceso ao crédito para investimentos en maquinaria agrícola,
e dende logo redunda nun interese mutuo, nun mercado nanceiro certamente inestable nos últimos cinco anos.
En todo caso, analizando a evolución histórica, non se debe perder de vista a forte in uencia do comportamento do sector nanceiro mundial no tocante ás restricións aos créditos a investimento e nos tipos de xuro aplicados.
Seguros
Neste concepto non só se engloban os custos aso- ciados a seguros obrigatorios cando se trata de má- quinas que se deben matricular para circular por estrada, senón tamén aqueles derivados de seguros de risco e de responsabilidade civil asociada á pres- tación de servizos a terceiros.
Os importes non sempre son elevados pero é certo que, a maior investimento en equipo de maquinaria, maior custo de seguros vinculados, xa que o capital a protexer é maior.
Debemos considerar un custo en seguros anual e encadrar dentro deste concepto, a maiores dos seguros especí cos para cada máquina, a parte proporcional daqueles outros que sexan necesarios para a actividade (seguros das naves para almacén

