Page 24 - Demo
P. 24
24
caderno técnico
Con todo, poden constatarse casos graves de mala xestión, tanto no que ten que ver coa propia organi- zación do plan de traballo, como na xestión conta- ble e nanceira do servizo.
Como toda actividade empresarial, amén do carácter social que poida ter asociado en moitos casos, a prestación de servizos de maquinaria en réxime asociativa debe redundar en bene cios
para que poida ser viable a longo prazo.
Polo mesmo, a xestión debe ser seria e competente para que as incidencias exter- nas ás que está sometida este tipo de acti- vidade (fortemente dependente da climato- loxía) e a mala xestión non deriven en resultados negativos de forma continuada que impliquen o cese da mesma no curto prazo por inviabilidade nanceira.
No que ten que ver cos custos xos, a amortización —situada no nivel medio do 22%— é, con gran dife- renza, a de maior peso no conxunto pero non por iso se deben esquecer os demais compoñentes, xa que a suma de xuros, seguros, aloxamento e xestión elevan o conxunto a un valor total do 8%.
Como se indica en apartados anteriores, a evolución nos últimos anos en canto a custo de investimento en novos equipos implica unha suba progresiva do peso dos outros custos xos asociados á mesma e, por tanto, requiren unha maior consideración no es- tudo da viabilidade e xestión.
En canto a custos variables —aqueles que depen- den do volume total de horas de traballo da máqui- na—, analizaremos os compoñentes, a súa forma de
cálculo ou estimación e o seu efecto na rendibilida- de do investimento.
Custos de reparación e conservación
Neste concepto inclúense tanto as reparacións reali- zadas por avaría previa do equipo como a substitu- ción de pezas de desgaste e as tarefas de conserva- ción do equipo (engraxe, pintura etc).
Sendo un dos conceptos asociados ao traballo con maquinaria agrícola máis evidentes é habitualmen- te un dos que menos datos históricos reais se dis- poñen, xa que o seu rexistro individualizado non é común. Así mesmo, dependen en gran medida da capacidade de xestión e control dos responsables desta tarefa no parque de maquinaria e tamén da atención que preste o chofer que manexe o equipo.
Por outra banda, o control deste tipo de custos de- pende do modelo de xestión do parque xa que po- den combinarse diferentes modelos:
• Equipo propio de mecánicos para a reparación e mantemento dos equipos.
• Servizo externo de reparación as avarías e substitu- ción de pezas de desgaste.
• Modelo mixto, combinando servizo o cial/externo e mecánicos propios.
Dependendo do modelo, os custos poden variar no- tablemente, pero a media acaba sendo moi similar derivando as oscilacións máis da correcta capaci- dade de xestión desta tarefa, do nivel profesional e da capacitación do persoal que o realiza.
Santiago Sousa nunha xornada de traballo de o cina

