Page 26 - Demo
P. 26
26
caderno técnico
se ben son unha referencia axeitada, deben ser con- trastados no uso continuo das máquinas.
As condicións de esixencia a cada motor e a axeita- da combinación de potencia do tractor e apeiro son determinantes en moitos casos para que o consumo de combustible sexa óptimo. Para determinar correc- tamente o custo de combustible, o sistema máis a- ble é anotar as cargas ao longo do tempo de uso e, anualmente, facer un contraste do consumo real de cada máquina.
Debemos ter en conta que en todos os casos de análise de custos, no referente ao combustible hai que considerar o custo por hora de traballo “factu- rada”. Por exemplo, se un tractor consome 15 litros/ hora motor e factura o 75% das horas de motor, o seu consumo equivalente para análise de custos, sitúa- se en torno a 20 litros/hora.
A normativa actual que regula a homologación de motores é cada vez máis restritiva con respecto ao consumo de combustible e á emisión de gases con- taminantes. Esta esixencia implica a incorporación de máquinas agrícolas de motores cada vez máis e cientes. En todo caso, adaptar a potencia dos mo- tores ás necesidades reais permite limitar o nivel de consumo de combustible.
Pode observarse na Táboa 2 —que re icte datos dun servizo de carros mesturadores— como, ao longo de dous anos, a través da renovación anual de máqui-
Táboa no2
Datos de e ciencia de carros mesturadores
nas, tense con rmado un incremento de rendemen- to en torno ao 6% en capacidade de procesado, cun incremento medio de consumo de combustible do 3%. Así mesmo destaca, xunto coas referencias ante- riores, unha baixada do 2% no custo de combustible por hora facturada.
Por outra banda, no que ten que ver co custo en combustible, o mercado internacional do petróleo e as súas oscilacións condicionan notablemente o valor absoluto deste custo.
Como pode observarse no Grá co no1, as variacións no prezo do gasóleo agrícola son importantes se comparamos, por exemplo, o ano 2012 co 2015. Po- rén, non debemos perder as referencias e saber de- terminar o seu impacto no custo operativo.Tendo en conta que o custo de combustible supón arredor do 20% do custo operativo dunha máquina motorizada, o impacto no custo nal de variacións de prezo en torno o 30%, supón un axuste nal, no operativo, do 6%.
Cos datos históricos dispoñibles pódense con gurar referencias de saída para os custos de combustible relacionando consumo e rendemento:
• Tractor: 0,06 litro x CV (axustando en función da carga do motor).
• Colleitadora:1 litro x tonelada/hora colleitada.
• Carro mesturador: 1,08 litro x tonelada/hora factu- rada.
t
Horas motor
Horas facturadas
Gasóleo
t/h facturadas
l/horas facturadas
l/horas motor
2013
87.209
13.941
6.381
212.014
13,67
33,23
15,21
2014
114.153
17.704
8.356
278.531
13,66
33,33
15,73
2015
127.129
18.310
8.795
287.486
14,45
32,69
15,70
45,8%
31,3%
37,8%
35,6%
5,8%
-1,6%
3,2%
Gra co no1
Prezos do combustible no último ano

