Page 28 - Demo
P. 28
28
caderno técnico
Un punto de referencia para o impulso dos parques de maquinaria é a liña de apoio que o goberno autonómico ten iniciado no ano 2000, coa posta en marcha de medidas para o “fomento do asocia- cionismo para o emprego en común de maquinaria agrícola”.
Esta medida, dende o punto de vista estritamente funcional, supuxo un revulsivo para a profesionaliza- ción das actividades de prestación de servizos e un punto de apoio para o sector lácteo principalmente.
O mantemento desta medida permitiu unha impor- tante mellora dos medios existentes así como un no- table aumento da capacidade de traballo unitaria dos equipos.
Inicialmente, estas liñas de apoio ao investimento contemplaban como bene ciarias tanto a empre- sas de servizos como a entidades asociativas, como poden ser as cooperativas agroganderias ou unha gura que se pretendeu potenciar que son as CUMA (Cooperativas de Utilización de Maquinaria Agríco- la).Ten especial transcendencia unha condición de partida desta liña de apoio, o “uso en común”.
Claro está que o obxectivo nal é acadar un uso axeitado dos medios de produción, e que todos os usuarios poidan ter acceso a máquinas de alto ren- demento pero tamén de elevados custos de adqui- sición e operación.
Como se comenta neste artigo, na parte de análi- se técnica dos custos de operación da maquinaria agrícola é fundamental que todo plan de investimen- to en maquinaria agrícola estea soportado por un rigoroso estudo de viabilidade técnico-económica.
Así mesmo, unha vez que se aproba un investimento, con independencia das axudas que poida percibir para a súa execución, é imprescindible un intenso traballo de xestión. Neste senso teñen moito que ver as normas de uso da maquinaria en común (re ec- tidas nun Regulamento Interno), o establecemento dun plan de traballo optimizado e exible, a correcta supervisión do traballo que se realiza con elas e, ta- mén, a súa conservación e mantemento.
Ao fío da re exión anterior, sabendo do importante esforzo nanceiro que supoñen as referidas liñas de axuda mencionadas, non deberan ter cabida certos excesos, que supoñen nalmente un claro uso ilexíti- mo dos fondos públicos e un agravio para os demais posibles bene ciarios destas axudas.
No seu momento excluíronse das liñas de axuda ao uso de maquinaria en común ás empresas de servizos coa xusti cación de que “non repercutían ao usuario nal as axudas” das que podían ser be- ne ciarias. Esta medida, mellor ou peor entendida, restou capacidade de investimento a estes actores fronte a outras entidades de carácter asociativo que seguían sendo posibles bene ciarias.
Tendo en conta que os modelos de xestión permiten e deberan fomentar a exibilidade, as condicións de acceso a posibles axudas non teñen por que ser un limitador senón unha referencia para establecer cri- terios de optimización.
Por outra banda, as cooperativas con parques de maquinaria e CUMAS xeron un importante esforzo por dotarse de equipos de maquinaria adaptados as necesidades dos seus socios, mantendo uns pre- zos de sevizo moi competitivos.
22000 20000 18000 16000 14000 12000 10000
8000 6000 4000
EVOLUCIÓN HORAS FACTURADAS SERVIZO DE MAQUINARIA # 2001-2016 #
20.147
20.909
HORAS/ANO
20.066
15.825
15.504
15.749
18.015
16.775
14.934
12.171
10.296
6.112
5.183 5.535 6.128
4.290
2000
2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016
Grá co no2
Evolución de horas facturadas en Irmandiños S. Coop. Galega

