Page 20 - Demo
P. 20

20
caderno técnico
A evolución da mecanización en Galicia. Unha visión a través da análise de custos operativos
Santiago Sousa Lema Xefe de Servizos Agronómicos de CLUN S. Coop. Galega1
 Prácticas agroforestais
en zonas agrícolas-gandeiras
Nos últimos 10 anos obsérvase un forte crecemen- to das empresas dedicadas aos servizos con ma- quinaria agrícola. Ao mesmo tempo, as entidades de carácter asociativo reforzaron os seus parques de maquinaria co  n de prestar un servizo profe- sional aos seus clientes e asociados.
Este proceso de crecemento en capacidade de traballo ten parte da súa orixe na maior concen- tración de super cie por explotación activa ao tempo que responde a unha maior concentración temporal da carga de traballo. Os traballos de la- boreo para a posta en produción de forraxe con destino principalmente ás explotacións leiteiras e a colleita desa forraxe son cada vez, máis in- tensos en xornadas de traballo e máis curtos, en período efectivo de actividade.
A tendencia xeral é dispoñer de máquinas e apeiros de alto rendemento para poder xestionar maior su- per cie nas campañas, cada vez máis curtas, que se presentan na actualidade.
Para afondar na complexidade da xestión dun par- que de maquinaria agrícola e valorar a súa evo- lución nos últimos anos, estudaremos polo miúdo como evolucionaron cada un dos custos asociados ao traballo profesional con maquinaria agrícola.
De seguido, analizaremos a evolución dos custos  xos e comentaremos os efectos a medio e longo prazo que se poden esperar segundo o seu histórico.
Amortización
Este custo, sendo un dos máis sinxelos de calcular — resulta de dividir o custo do equipo entre os anos ou horas que, se agarda, poida funcionar en correctas condicións operativas—, é un dos custos menos ana- lizados e considerados na toma de decisións.
Na Táboa no1 preséntase o escandallo de custos de operación de distintas máquinas valorando o peso, en porcentaxe, de cada concepto de custo. Está cla- ro que o peso é moi importante no escandallo de custos operativos de calquera máquina, resultando unha porcentaxe elevada cando analizamos má- quinas automotrices como tractores, colleitadoras
 1Santiago Sousa exerceu, dende 2002 a 2016, como director da Área de Cultivos e Mecanización Agraria en Os Irmandiños S. Coop. Galega. Dende ese ano, a cooperativa pasa a integrar CLUN S. Coop. Galega
Táboa no1
Porcentaxe de cada concepto de custo en distintos equipos de maquinaria


















































































   18   19   20   21   22