Page 18 - Demo
P. 18
18
a fondo
Como implantar a RSE nas cooperativas e aforrar enerxía e custos
AGACA traballa na implantación da RSE nas cooperativas
Cogal (carne de coello), Adegas Eidosela (viño), Comarcal de Ordes (leite) e Horsal (horta) son catro cooperativas agroalimentarias galegas que decidi- ron apostar por implantar a Responsabilidade Social Empresarial (RSE) na entidade.
O plan de traballo parte do compromiso da cooperativa: formalizando un código de conducta que re icta os valores e principios da cooperativa e realizando unha diagnose previa na xestión económica, ambiental e social. Finalmente, desenvolverase a Memoria de Responsabilidade Social
O plan de traballo establecido por AGACA, con este n, pasa por acadar o compromiso da cooperativa formalizado nun código de conducta que re icte os valores e principios da cooperativa e realizar unha diagnose previa nos ámbitos de xestión económi- ca, ambiental e social para, nalmente, desenvolver unha Memoria de Responsabilidade Social.
Para facilitar a xestión da Responsabilidade Social Empresarial, a toma de datos e o seu tratamento cara a diagnose de RSE, séguese a metodoloxía XUNTA PRO-RSE, que permite integrar as variables da RSE facilitando o seu tratamento para a posterior re- dacción da Memoria, adaptada ao estándar inter- nacional G4 da Global Reporting Initiative (GRI) para a elaboración de informes de sustentabilidade.
Aforrar enerxía nas cooperativas con fá- bricas de pensos
Unha mellora da e ciencia enerxética tradúcese en aforrar custos, aumentar a vantaxe competitiva e diferenciarse no mercado. Aínda máis, o consumo enerxético e ciente é unha das claves da estratexia para loitar contra o cambio climático.
AGACA leva xa uns anos analizando os consumos enerxéticos no proceso produtivo das cooperativas con fábrica de pensos. Nesta análise estúdanse os equipos consumidores de enerxía e os hábitos de consumo das fábricas de pensos.
A partir dos resultados obtidos, propóñense e reco- méndanse as accións idóneas para optimizar o con- sumo en función do seu potencial de aforro, a facili- dade de implantación e os custos de execución.
Mellorar a e ciencia enerxética signi ca afo- rrar custos, incrementar a vantaxe competitiva e diferenciarse, ademais dunha das claves da
loita contra o cambio climático
O estudo sobre “Aforro e E ciencia Enerxética nas cooperativas con fábrica de pensos” ten como obxectivos:
• Fomentar que as cooperativas con fábrica de pen- sos adopten mecanismos que favorezan o aforro enerxético nos procesos produtivos, establecendo indicadores e medidas que permitan analizar os re- sultados e xar obxectivos de mellora.
• Facilitar que as cooperativas poidan comparar os seus consumos cos datos medios obtidos para es- tablecer pautas de actuación de redución do con- sumo en función dos parámetros que se indican no Informe.
A actividade enmárcase na iniciativa Rede Eusu- mo, rede liderada pola Xunta de Galicia, para fo- mento do cooperativismo e a economía social en Galicia.
Obxectivos do estudo: Aforrar enerxía nos procesos produtivos e acadar comparativas dos consumos para establecer pautas de redución

