Page 16 - Demo
P. 16

16
tendencias
O Dourado Verde
Estudaba a extracción de resina de piñeiro mediante dúas técnicas: “faixa térmica” e “electoestimulación”. Suporía unha fonte adicional de ingresos e traballo no medio rural e un aumento da funcionalidade do monte, que podería axudar a reducir a súa combus- tibilidade ao estar coidado.
Comparáronse tres métodos: pica de cortiza ascen- dente con estimulación química (método tradicio- nal, usado como sistema de control; implica danos na árbore), pica de cortiza circular con e sen estimu- lación química e pica de cortiza circular con manta térmica.
Para a recolección empregouse o método “de re- servorio”: introdúcese un anaco de tubo no toco da árbore mediante pica de cortiza circular e a resina escorre a unha bolsa, evitando contaminación e a excesiva solidi cación do produto. Non compromete o valor do piñeiro para industria madeireira.
Extracción de resina mediante sistema de pica de cortiza circu- lar e montaxe de recollida
A electroestimulación resultou ine ciente: aumenta- ba o  uxo de resina entre o 15 e o 20% pero o custo dos equipos non compensa.
O sistema de estimulación da produción de resina mediante faixa térmica de caucho adicionado con gra to foi considerado óptimo naqueles lugares onde a radiación solar incide no tronco dos piñeiros.
A resina obtida do proxecto presentou característi- cas  sicoquímicas que a fan máis axeitada ás de- mandas das empresas de produción de pinturas, verniz, adhesivo etc: é máis transparente, menos densa (menor contido en graxa) e ten menos cinza.
Resega Montes S.L. coordinou coa participación de AGACA, a Universidade de Vigo, o CTC e o Monte ve- ciñal en man común “Coto de San Cibrao”.
    Un piñeiro
de 30 cm de diámetro encheu dúas bolsas
de 600 ml. cada 15 días, producindo uns 2 kg/mes
por unidade de piñeiro durante a época de subida
do zume.Tendo en conta
que a produción media
por piñeiro e campaña (marzo a novembro)
rolda os 2 e os 3,5 kg,
por medio deste procedemento equipárase
a produción da campaña á dun único mes de produción. Este  uxo conseguiuse pola optimización da aplicación
do anticoagulante
de medio ácido.












































































   14   15   16   17   18