Page 14 - Demo
P. 14

14
tendencias
Resultados dos proxectos FEADER en Galicia
 Remataron os proxectos grupais enmarcados nas axudas FEADER conformados por diversas entida- des galegas na Campaña 2016-2017. Xurros, cas- tañas, caracois, biodiversidade e resina de piñeiro protagonizaron os estudos, orientados a optimizar os recursos económicos dende a sustentabilidade medioambiental. Os resultados  xéronse públicos nunha xornada desenvolvida na Escola Superior da Enxeñería do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela.
Xurros de porcino
O proxecto “Deseño de ferramentas para minimizar o impacto sobre o medio natural das aplicacións de xurro de explotacións de porcino”, coordinado pola Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Be- tanzos, tiña como misión deseñar unha ferramenta tecnolóxica que permita realizar de maneira correc- ta a aplicación e a xestión dos xurros de porcino, mi- nimizando afeccións medioambientais.
convén a cada receptor e os lugares onde evitar desfacerse da súa vertedura.
No proxecto interviñeron AGACA, o Concello de Abe- gondo, a Unversidade de Santiago de Compostela, o Instituto Galego de Calidade Alimentaria (INGA- CAL) e Coporc S. Coop. Galega.
Castañas
Difundido por IXP Castaña de Galicia e a coordi- nación de AGACA, “Viabilidade do aproveitamento integral dos bosques de castiñeiro da cooperativa” busca recuperar soutos abandonados para a pro- dución de castaña de calidade mediante prácticas agrícolas sostibles, optimizar o rendemento dos bos- ques e dar valor aos residuos do castiñeiro.
A cooperativa Amarelante realizou tarefas de recu- peración profunda de terreos e mantemento ecoló- xico, plantando 51 castiñeiros das variedades Ama- relante, Negral, Rapada e Famosa, xunto con plantas aromáticas e medicinais. Fixéronse tamén ensaios de sistemas de rego por goteo.
  Mostra de terras para caracterización
“O xurro tense que aplicar como un produto con bo uso, non coma un residuo do que desfacerse”
Ignacio García Técnico da Asociación de Desenvolvemento Rural
Mariñas – Betanzos
O resultado foi o desenvolvemento dunha aplica- ción web capaz de dar ás ganderías información correcta para usar e gardar xurros evitando proble- mas medioambientais e establecendo un  uxo de información entre produtores e receptores do mes- mo que permite coñecer o tipo de xurro que mellor
A climatoloxía adversa e a escasa duración do proxecto di cultaron a viabilidade das producións compatibles con plantas aromáticas e medicinais, porén o aproveitamento dos residuos a partir dos ex- tractos de cáscara, folla e ourizo obtidos pola Univer- sidade de Vigo deu resultados satisfactorios.
O Centro Tecnolóxico da Carne (CTC) probou a apli- cación alimentaria dos extractos, con capacidades antioxidantes para alongar a vida útil do alimentos

















































































   12   13   14   15   16