Page 12 - Demo
P. 12
12
tendencias
Final de vendima: irregular en colleita, boa en calidade
A vendima deste ano superou en Galicia, os 61 mi- llóns de quilos de uva recollidos, 1,64 millóns máis que o ano pasado. Este incremento débese á ele- vada contribución da D.O. Rías Baixas, a única das cinco Denominacións de Orixe (D.O.) galegas que re re un aumento na cantidade de uva colleitada. As cinco D.O. coinciden en sinalar a boa calidade das uvas, pero mentres que para D.O. Rías Baixas, a de 2017 xa é a segunda maior colleita da historia en cantidade, as demais acusan descensos, algúns destacables, como a D.O. Monterrei, cun 35% me- nos, seguida da D.O.Valdeorras, cun 12%.
Ribeira Sacra
Con 92 bodegas adheridas, os datos da D.O. Ribeira Sacra apuntan aos 5,51 millóns de quilogramos de uva recollidos, o que re icte un descenso, con res- pecto á vendima de 2016, dun 1,24%.
En tinto, prevalecen a variedade mencía, con máis de 4,6 millóns de quilos e a garnacha con 303 mil, mentres que en brancos, a supremacía é para o al- bariño, con algo menos de 60.000 quilos.
Aínda sendo unha vendima máis escalada que ou- tros anos e complexa, polas circunstancias meteoro- lóxicas, a calidade do froito recollido e o seu estado sanitario foron moi bos, segundo indica a propia D.O.
Ribeiro
Os datos da colleita de 2017 que, sen ser de nitivos, estímanse bastante aproximados (no momento da recollida de datos esta D.O. estaba nalizando os úl- timos controis), apuntan a unha colleita de 9,47 mi- llóns de quilos, algo menos que a do ano pasado, con 11,62 millóns de quilos.
Participaron 115 adegas con 2.220 hectáreas de su- per cie sendo a variedade maioritaria, a treixadura.
A Denominación de Orixe especi ca que a pesar da redución na cantidade obtida en comparación con 2016, a campaña está a resultar altamente positiva na calidade dos viños, dado que a uva que está a entrar na adega se atopa en condicións sanitarias excelentes e condicións físicoquímicas moi boas, favorecidas por unha maduración equilibrada e óp-
tima cunha boa compensación de azucres e a axu- da dun tempo cálido.
Valdeorras
En 2017, a D.O. recolleu 4,18 millóns de quilos de uva procedente de 1.184 hectáreas inscritas, de 9.852 parcelas. A comparativa con respecto a 2016 re icte unha diminución do 12%.
Por variedades, godello é a maioritaria: abarca 369 hectáreas do total das super cie vendimada, con 1,98 millóns de quilos recollidos. Séguelle mencía, con 1,33 millóns de quilos.
A D.O. destaca que a calidade da uva recollida é excepcional.
Monterrei
A D.O. Monterrei acusa un importante descenso na colleita con respecto ao ano pasado. Con 2,88 mi- llóns de kg, o volume colleitado diminúe nun 35% (en 2016 contabilizou 4,47 millóns de quilos). As varieda- des maioritarias son godello, en branco e mencía, en tinto.
A Denominación conta con 26 adegas inscritas e 426 viticultores que realizaron a vendima en 566 hec- táreas.
Dende a entidade achacan esta importante baixa- da no volume de uva recollida á escaseza de preci- pitacións xunto coas xeadas de nais de abril. Iso si, precisamente as poucas choivas favoreceron que a calidade da uva acadada sexa “excelente”.
Rías Baixas
Vendimáronse 39,33 millóns de kg de uva —uns 5,93 millóns máis que a campaña anterior— procedentes de 184 bodegas en 4.021 hectáreas. A uva predomi- nante é a albariña.
Considerada a segunda colleita máis grande dende 1988, data de creación da entidade (datos ofrecidos pola D.O.), o feito de ter pasado unha primavera moi seca e cálida favoreceu a estimación de calidade da uva como “moi boa”.

