Page 11 - Demo
P. 11
Prevención do Branqueo:
A diferenza da implantación das medidas de Preven- ción de Riscos Penais na empresa, que son recomen- dables pero optativas, a Lei 10/2010, de Prevención do Branqueo de Capitais e de Financiamento do Te- rrorismo é de obrigado cumprimento e a enumera- ción dos suxeitos por ela concernidos (no artigo 2.1), tan exhaustiva que parece imposible imaxinar cal- quera actividade económica á marxe da mesma.
A Lei 10/2010, de Prevención do Branqueo de Capitais e de Financiamento do Terrorismo, é de obrigado cumprimento mentres que as
medidas de Pevención de Riscos Penais son optativas
O Real Decreto 304/2014, do 5 de maio, polo que se aproba o Regulamento da Lei 10/2010, procede ao desenvolvemento e concreción do “enfoque orienta- do ao risco” da normativa preventiva en España.
Desde esta óptica do enfoque orientado ao risco, as cooperativas de Consumidores e Usuarios, con Sección de Crédito, entran de cheo en dous dos supostos para os suxeitos
obrigados pola Lei 10/2010.
- Os da letra K: “As persoas dedicadas profesional- mente á intermediación na concesión de préstamos ou créditos,(...)
- A letra W: “As persoas que comercien profesional- mente con bens(...) e por importe superior a 15.000 euros, xa se realicen nunha ou en varias operacións entre as que pareza existir algún tipo de relación”.
Hai obriga a adoptar certas medidas de Control In- terno cuxo enunciado básico sería o seguinte:
-Adopción de medidas de dilixencia debida: medi- das que deben observar obrigatoriamente as per- soas e entidades suxeitas á lei, para garantir, no trato cos clientes, que se prevea a incursión no branqueo de capitais.
11
tendencias
-Políticas de admisión de clientes.
-Designar representante ante o SEPBLAC.
-Crear un órgano adecuado de control interno. -Aprobar un Manual de Prevención. -Formación.
-Controis revisados por experto externo.
Todo iso coas excepcións e adaptacións en función do número de persoas empregadas da Cooperativa e o volume anual de negocio.
As cooperativas de consumidores e usuarios con seccións de crédito entran de cheo en dous supostos como suxeitos obrigados pola Lei
Como vemos, tanto na formulación global da Preven- ción de Riscos Penais como no especí co do Bran- queo de Capitais, adóptanse esquemas de decisión e organizativos similares para o reforzamento dos mecanismos previsores. É por iso polo que sen me- noscabo de cumprir as especi cacións inherentes a cada risco, existe un enfoque compartido tanto na losofía (prevención do risco) como na implementa- ción (Inventario de riscos, nomeamento de respon- sables, controis, formación, revisión), que permitirán unha máis e caz adaptación da empresa.
Esquema básico da actuación preventiva na empresa:
• Inventariado dos riscos con poten- cialidade penal.
• Aprobación dun Código de Conduta.
• Nomeamento de Responsables de Cumprimento; creación da Canle de
Denuncias e do Sistema Disciplinario.
• Aprobación do Manual de Preven-
ción.
• Plan anual de formación do persoal
e revisións periódicas do Sistema.
No135 - Outubro 2017

