Page 15 - Demo
P. 15
comparables ás de compostos sintéticos. As probas realizáronse en hamburguesas.
Entidades independentes están a avaliar o interese cosmético e farmacéutico
Biodiversidade
Co propósito de mellorar a biodiversidade ligada ás explotacións de gando vacún de leite, reducindo os seus niveis de contaminación, AGACA coordina o proxecto “Granxas de leite galegas en harmonía coa natureza e a biodiversidade agraria”. Neste proxecto interveñen tamén o INGACAL, Calfensa S.L., o Grupo Naturalista Hábitat, a Casa Grande de Xanceda e o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.
Creáronse e melloráronse balsas para a xestión dos e uentes da fabricación de iogures, preservando a calidade da auga mediante a súa reciclaxe e depu- ración. Tamén se estipularon boas prácticas para a xestión e reutilización das augas da limpeza da ex- plotación e para a valorización de suprodutos con valor fertilizante.
15
tendencias
Este proxecto ten alicerces e perspectivas de conti- nuidade na rede temática internacional EuroDairy, do Horizonte 2020.
Adhelix
Facilitar a extracción de baba sen prexuízo da súa calidade nin da calidade da carne do caracol Helix Aspersa era o propósito de “Adhelix: cultivo intensivo do caracol de xardín”, coordinado por AGACA, no que intervén o CTC.
Refuxios para morcegos, que serven como control de pragas
Plantáronse sebes de especies de ribeira autócto- nas e sebes de froitos vermellos, recuperáronse tra- mos de vexetación e especies macró tas (plantas acuáticas ou de ambientes moi húmidos).
Integrantes no proxecto na xornada nal de cata de produtos de caracol
Construíuse unha mesa para extracción de baba mediante a electroestimulación a baixa intensidade do caracol e a aplicación de ultrasóns. A fonte de enerxía son paneis solares.
A electroestimulación non afectou aos parámetros estudados para carne e baba, nin á calidade nutricional da carne
Datos obtidos polo CTC mostran que o caracol é un alimento nutricionalmente óptimo, con baixo conti- do en graxa, en sal e en cinzas e valores de proteína en torno ao 13%, apropiado para réximes dietéticos ou especiais. Incluso, o caracol e o paté en salsa, elaborados polo CTC, con receita tradicional, arte- sanal e sen aditivos, obtiveron nas probas sensoriais mellor aceptación que o caracol en salsa comercial.
A efectos clínicos (hidratante e cicatrizante), o estu- do dos seus efectos da baba na pel deixou conclu- sións maioritariamente positivas, cunha hidratación inicial potente e maior elasticidade nos tecidos, su- per cialmente. Comprobouse tamén a redución sig- ni cativa de feridas nos casos manifestados dende o inicio da proba.
No135 - Outubro 2017
Grazas á incorporación
e recuperación vexetal
e á instalación de refuxios para animais, lográronse resultados positivos en canto ao reconto de fauna (retorno de paxaros, morcegos)
e ao control biolóxico
de pragas.Tamén as vacas melloraron en benestar grazas a novas zonas sombrizas.

