Page 21 - Demo
P. 21

     ou carros mesturadores, con valores que oscilan en- tre o 19,8 % e o 23,7%. A porcentaxe ao respecto do custo total operativo hai que tela en consideración á hora de estimar os custos, mesmo en casos coma o dos apeiros onde é menor. Non considerala deri- va en resultados claramente erróneos na avaliación económica.
É importante ter en conta que —ao igual que sucede cos demais conceptos de custo—, as porcentaxes varían ao longo da vida útil da máquina xa que, por exemplo, nos primeiros anos de funcionamento, os gastos en reparacións e conservación son inferiores aos do  nal da vida útil polo que os equilibrios entre custos varían ao longo do tempo. Considerando esta variación, para determinar os custos de operación é importante ter en conta datos históricos.
Cando analizamos o impacto que ten a amortiza- ción nos custos operativos podemos ter en conside- ración o valor residual que teñen os equipos a amor- tizar no  nal da súa vida útil. Este valor pode supoñer entre un 15% e un 30% do valor inicial do investimen- to, cando consideramos vidas útiles en torno a 10 anos para tractores e colleitadoras, e de 6 a 8 anos para carros mesturadores e apeiros.
En todo caso, o dato máis importante para un cálcu- lo correcto son as horas estimadas de traballo anual, posto que o que realmente pode marcar o valor resi- dual do equipo é a cantidade de horas acumuladas de traballo, a carga ou intensidade anual e o seu estado de conservación e mantemento.
Non ten nada que ver un tractor de 10 anos con 10.000 horas de motor co mesmo tractor con 18.000 horas nos mesmos anos; o valor residual varía nota- blemente, ao mesmo tempo que o estado de con- servación pode ser o caso contrario, en función do manexo do equipo e mantementos realizados no mesmo.
En todo caso —consideremos ou non o valor residual no cálculo da amortización anual ou horaria—, ao establecer os custos operativos debemos ser pru- dentes e ter en conta unha referencia comercial im- portante: o custo de investimento en equipos de ma- quinaria nova increméntase en torno a un 3% anual, falando sempre dos mesmos niveis de potencia e equipamento.
Tendo isto en conta, é probable que, aínda que ao cabo de 10 anos o valor residual dun equipo de ma- quinaria se sitúe nun 30% do seu valor de compra inicial, repoñer ese mesmo equipo 10 anos despois vai supoñer arredor dun 30% máis de incremento de investimento. Esta última consideración ten matices,
21
caderno técnico
xa que é certo que, despois de 10 anos, o máis pro- bable é que se repoña o equipo por outro con maio- res prestacións, rendemento e potencias superiores. Tendo en conta todas as consideracións anterio- res respecto á correcta determinación do custo de amortización dunha máquina agrícola, podemos concluír que é clave determinar con criterio o que vai a supoñer esta partida no custo total operativo.
A maiores de ter claro o seu impacto no conxunto dos custos de explotación da máquina, débese con- siderar o efecto do investimento total sobre a liquidez dispoñible, posto que aínda que o impacto da amor- tización anual nas contas de explotación pode estar plani cado e asimilado na estrutura económica, o desembolso inicial ten impacto directo na xestión  - nanceira.
Ligada ao impacto, cada vez maior, dos custos da amortización das máquinas agrícolas, está a progre- sión tecnolóxica no sector dos fabricantes de maqui- naria agrícola, xa que logo, o carácter innovador e o afán por deseñar máquinas máis efectivas e con altos rendementos rematan  nalmente na posta a disposición de máquinas de, cada vez, maiores cus- tos de adquisición no mercado.
No mesmo senso, debemos ter en conta a denomi- nada “obsolescencia tecnolóxica”, que resulta da continua evolución dos modelos e tecnoloxías imple- mentadas nas máquinas que poden rematar sendo “vellas” antes de que  nalice o prazo estimado de amortización, non porque deixen de ser rendibles a nivel operativo, senón porque xa existen no mercado novas máquinas con mellores prestacións e rende- mentos que melloran notablemente os modelos an- teriores. Esta cuestión ten moito que ver, tamén, coa cada vez maior concentración da carga de traballo e coa falta de man de obra especializada no mane- xo de maquinaria agrícola a nivel profesional.
Como análise global da evolución dos custos de amortización nos últimos anos, podemos destacar a continua progresión á alza da porcentaxe que supón o custo de amortización no conxunto dos custos
operativos dunha máquina agrícola.
Tamén destaca o o progresivo aumento do custo dos novos investimentos xa que a tendencia céntrase en equipos de maiores potencias e prestacións pretendendo, en parello, repoñelos por novos equipos en períodos
máis curtos de tempo.
 No135 - Outubro 2017
 
















































































   19   20   21   22   23