Page 9 - Demo
P. 9
Exterior da fábrica en Granda-Siero (Asturias)no mercado que marca as regras do xogo. Así, avanzaremos en alianzas que creen valor en Galicia, buscando sempre o equilibrio entre a transformación e a produción.Como podemos combater as importacións a baixo prezo?Legalmente, España está nun mercado aber- to. Non pedimos a ninguén que non importe, pedimos ao Goberno que axude na identi ca- ción da orixe e á Distribución que se compro- meta a diferenciar o produto español.A decisión non é de cada industria, é nosa, do consumidor, cando pode elixirA decisión non é de CAPSA ou de cada indus- tria. Como consumidores, decidimos se apos- tamos por unha marca que recolle, transforma e deixa valor en Galicia porque paga aquí im- postos que sufragan iniciativas de desenvolve- mento galego.Cando elixe produto español crea emprego, industria, investigación, futuro para o sector produtor e, con iso, un medio rural poboado, coidado, ao que nos desprazaremos para fa- cer turismo, ver a natureza...Unha das expectativas ante a desaparición do sistema de cotas era o incremento de pro- dución nacional, porén CAPSA recolleu 950 millóns en 2013 e baixou en 2014 e 2015...Como perdemos volume de transformación pola crise en 2012 e 2013, axustamos a reco-9a fondollida ás nosas necesidades. Hoxe crece- mos de novo: recolleremos máis de 900 millóns en 2016 e seguiremos facéndoo en 2017. Pero isto só é una anécdota no mercado.A produción en España aumentou aín- da que cambiou de mans: da marca de fabricante cara á marca da distribución e dos seus provedores. Porén agora, as marcas de fabricante medran de novo, con Central Lechera Asturiana e Larsa ácabeza.A nivel global, o crecemento desordenado tras o nal das cotas provocou unha fortísima caída de prezos, que danou moito o sector. Mentres España só produce o 60% –66% do seu consumo, algún país produce dez veces o que consome. Isto non pode ser. Hai que crear con- dicións de partida para que todos, coa mesma oportunidade, poidamos facer o noso traballo.Non se pode dicir que un gandeiro que non produce para atender o mercado local debe reducir, pero si é imprescindible diminuír o des- equilibrio europeo e mundial porque, hoxe, a formación de prezo de campo é global, non a nivel España nin autonómico.En Europa, os prezos están preto de 0,02 euros por debaixo de Galicia que, á vez, está case 0,02 euros por debaixo de España. Signi ca que o exceso de oferta mundial provocou a depresión nos prezos.No caso galego pesan moito tamén a falta de industria local e o peso do leite líquido e da marca de distribución no total da transforma- ción polo seu menor valor engadido. Penso que tocamos fondo e os prezos se corrixirán en 2017.Aguantará España o empuxe das industrias multinacionais e dos gandeiros do norte de Europa?Si. Porén, a industria española debe trans- formarse para competir. Para CAPSA é unha oportunidade, pero quero deixar algo claro: eu teño un xefe, o meu presidente, que me pide responsabilidades e, ademais, ambos te- mos 47 millóns de xefes en España: os nososNo130 - Outubro 2016