Page 11 - Demo
P. 11

Unha vendimaonde non chouveu a gusto de todosMentres o clima favoreceu algunhas denominacións de orixe, noutras mermou a produción tanto por secas e pedriscos como por enfermidades bene ciadas por tem- peratura e humidade. Coa vendima a piques de rematar ao peche desta edición, recollemos os datos máis rele- vantes.MONTERREIA Denominación de Orixe agrupa 25 adegas e 450 viticultores nunha super cie de 530 hec- táreas. A vendima comezou o 17 de setembro e, case un mes despois, contábanse 4.300.048 quilogramos de uva, a falta de tres adegas por rematar a vendima.As enfermidades e precipi- tacións primaverais contribuíron á merma da colleita. En 2015 obtivéronse 4.730.000 kg. Ata agora, segundo o Consello Regulador, a cali- dade  tosanitaria rexistrada na uva é moi boa: a escaseza de precipitacións no verán evitou a podredume e acabou coas enfermidades.RIBEIROA DO ampara 115 adegas, 5790 viticultores e unha super cie de 2.232 ha. A campaña co- mezou a mediados de setembro e prevese, en xeral, un 15% menos de produción que en 2015 (malia que a mala meteoroloxía primaveral provou una perda media do 30% nalgúns vi- ticultores afectados, entre outros factores, polo mildiu).Así, co 60% da colleita vendimado, chegouse aos 9,8 millóns kg e agárdase acadar os 12. Máis do 70% da uva é de variedades autócto- nas tintas e brancas, das cales a treixadura suma o 80%.RIBEIRA SACRAA Denominación de Orixe está conformada por 90 adegas e 2.674 viticultores, que vendi- man 1.258 ha. En total, algo máis de 5,5 millóns de quilos de uva foron vendimados, fronte aos 6,4 millóns de 2015. A mencía, con máis de 4,7 de millóns de quilos é a principal variedade; a godello é a segunda en importancia e a máis abundante das brancas, cuns 270.000 kg.RÍAS BAIXASUn mes despois de iniciarse a vendima, a DO case rematara a recollida de uva, superando, con 33 millóns de quilos, as expectativas iniciais e a cantidade do 2015 (32 millóns). Favorecida pola meteoroloxía do verán, a calidade da uva é, segundo o Consello Regulador, excelente, con mostos que presentan un equilibrio moi bo de acidez e grao nos controis. A maior produ- ción de Rías Baixas —DO con 5.550 viticultores, 183 adegas e unha super cie de 4.047 has— é a albariña, arredor do 95%, seguida de caíño branco, treixadura e loureira.VALDEORRASA DO prevé un descenso considerable con re- lación á vendima pasada, cando se chegou aos 6,5 millóns de quilogramos. Este ano, cun- ha vendima que comezou 10 días máis tarde e se prolonga máis ca de costume, a perspecti- va rolda os 4,5 millóns. O godello é a variedade que máis acusa esta baixada da produción.11tendenciasNo130 - Outubro 2016


































































































   9   10   11   12   13