Page 12 - Demo
P. 12

12tendenciasAGROSMARTcoop promove a comercializa- ción intelixente entre cooperativas europeasDende o 1 de xullo as cooperativas agroalimentarias galegas, a través de AGACA, lideramos AROSMARTcoop un proxecto euro- peo de dous anos de duración que suporá un xiro innovador no ámbito da comercialización para as cooperativas agroalimen- tarias galegas e do resto das rexións europeas do espazo SUDOE (Suroeste de Europa). Crearase un espazo interconectado de promoción e comercio intelixente baseado en ferramentas, estruturas e servizos tecnolóxicos especí cos. Acadando unha xestión comercial innovadora e e ciente, fundamentada nas peculiaridades e tendencias dos consumidores do espazo, poñe- rase en valor a produción das cooperativas agroalimentarias da zona.AGROSMARTcoop é un consorcio internacional integrado por oito entidades bene ciarias de seis rexións de España (Galicia, Caste- la A-Mancha, Estremadura e Euskadi), norte de Portugal e Aquita- nia francesa.A través de solucións transnacionais traballarase por eliminar posibles desvantaxes económicas e de desenvolvemento que poidan darse no ámbito rural, favorecendo a súa competitivi- dade.A dotación económica deste proxecto, no que participan entidadesde España, Francia e Portugal ascende a 1.295.000 euros, co - nanciada nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.Presentación en GaliciaRepresentantes e técnicos de Cooperativas, Centros de Investigación, Universidades e ou- tras entidades colaboradoras de Estremadura, Euskadi, Castela A Mancha, norte de Portugal, da rexión francesa da Nova Aquitania e de Galicia xuntáronse a principios de setembro para unha primeira toma de contacto e pre- sentación pública do proxecto en Santiago de Compostela. Unha mañá máis institucional á que seguiron unha tarde e un día posterior de actividade dos grupos operativos.A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, trasladou o apoio explícito da Administración pública galega a esta iniciativa a través do dis- curso de inauguración onde cuali cou o mo- vemento cooperativo de “vertebrador social, xerando emprego de calidade e axudando a que o rural deixe de estar despoboado”.“Algo está a cambiar no rural galego” Ángeles VázquezA Conselleira do Medio Rural, Ánxeles Vázquez, co presidente de AGACA, José Montes, rodeados polos integrantes do proxecto


































































































   10   11   12   13   14