Page 8 - Demo
P. 8
8a fondoNon pretendemos xogar só á carta do leite lí- quido, á do produto industrial ou á dos deriva- dos; pretendemos crear un pé de cada unha delas. Coa materia prima podemos ter un equilibrio na nosa capacidade comercial que nos permita, no balance da operación, captu- rar valor engadido.Exportando a granel, sen achegar nada, di - cilmente pode haber valor. Algo que a xente moitas veces non incorpora ás súas re exións é que o lácteo está presente en case calquera alimento que inxerimos: temos que adaptarnos ao cliente xeadeiro, ao cárnico... xerar produto que responda ás necesidades do cliente por- que iso el retribúeo.Irlanda, cunha produción similar á española e só cinco millóns de habitantes creou mercados internacionais e competencias industriais e co- merciais de competitividade. Imos con retraso, pero aínda estamos a tempo, a oportunidade está aí e é moi grande.Segundo a Distribución, dende setembro de 2015 (sinatura do Acordo Lácteo) subi- ron uns 0,06 euros o leite máis económico. Porén, os gandeiros dende esa data cobran uns 0,03 euros menos. Onde queda o valor engadido?É moi fácil responder para as autoridades do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. O punto máis relevante do Acordo para a sustentabilidade do sector lácteo de vacún do 23 de setembro de 2015 é o Real De- creto de Prezos de Cesión: dende o 20 de xuño, o MAGRAMA sabe o que paga a Distribución á Industria e o que a Industria paga ao gandeiro, quen está a capturar a marxe ou quen destrúe valor.Estou convencido de que fará un bo uso da in- formación traballando cos axentes que, co seu exercicio, puidesen estar incumprindo boas prácticas e corrixindo para un reparto xusto e sostible.Volvendo a Larsa, en Outeiro de Rei e Vila- garcía.Un terzo da recollida é en Galicia,cal é a estratexia de variación para esa porcen- taxe?A visión de CAPSA (e de Larsa) é de longo pra- zo: a busca dun crecemento sostible para ofre- cer ao gandeiro unha retribución xusta dende un reparto equilibrado do valor da cadea en- tre distribución, transformación e produción.O compromiso de Larsa con Galicia é total. Os últimos tres anos investimos uns tres millóns de euros na fábrica de Vilagarcía e a proposta que facemos aos traballadores é investir case catro máis en renovar a factoría para seguir tra- ballando con Larsa como a marca de queixo líder en Galicia.Hai un proxecto de nido propio para Larsa, dende e para, GaliciaO noso programa é quedar, renovar e investir en instalacións e tecnoloxía para mellorar. Bus- caremos alianzas locais que permitan ampliar a nosa variedade e seguir sendo a marca ga- lega de referencia. Larsa tivo, ten e terá recolli- da e transformación 100% galegas. Seguiremos empuxando para crecer en Galicia en recolli- da e vendas, co ánimo de ser os líderes en leite, manteiga, iogur e queixo por calidade e, con garantía 100% galega.Cabería a colaboración nese proxecto in- dustrial co mundo gandeiro galego?Creo que ese é o camiño e hai que percorrelo con sensatez e propostas razoadas e acepta- das por todas as partes. CAPSA é unha empre- sa cunha SAT --Central Lechera Asturiana-- á fronte, así pois cremos na cooperativa e, á vez,Gama de produtos Larsa