Page 6 - Demo
P. 6
6a fondo“O compromiso de Larsa con Galicia é total”José A.Tellado,director xeral de CAPSA FOOD e presidente da InLacEn xuño de 2013, José Armando Tellado (Lugo, 1970) chegou á dirección xeral de CAPSA FOOD (Corporación Alimentaria Peña Santa S.A., Central Lechera Asturiana, Larsa, ATO), un dos principais grupos industriais lácteos españois, logo de varios anos nas áreas de márketing e comercial da entidade.Do presidente recibiu dúas consignas, a rma:“No plano económico manter e, de ser posible, mellorar, a posición da empresa e no humano, lembrar cada día, ao deitarse, a todos os gandeiros que depositan a súa con anza no equipo de dirección”.Que balance fai destes últimos tres anos?Diría que é un balance de inicio de proxec- to. Neste tempo avanzamos na liña correcta dunha transformación cara a unha compañía máis diversi cada en xeografía e negocio, me- nos dependente do mercado do leite líquido nacional e aberta ao mercado xeral. Empeza- mos o camiño, pero queda moito por percorrer.Cando o presidente me ofreceu a oportunida- de de liderar a compañía programamos un proxecto a seis anos (2013 –2019), que coinci- día co seu mandato. Tanto el como o Conse-llo de CAPSA están comprometidos en dar ao proxecto continuidade económica e produtiva.Outras compañías poden traballar nun hori- zonte máis curto pois o seu obxectivo é a ven- da ou captura dun determinado valor para o accionista. O noso é crear valor para un ac- cionista que permanece e ao que lle gustaría deixar en herdanza a súa explotación, por iso a nosa visión de negocio se orienta á do gandei- ro e á da SAT: os principais accionistas.O balance é positivo: crecendo en vendas, ampliando negocios e tamén resultados eco- nómicos en liña co noso plan, pero isto é só o principio do camiño.Podemos dicir que hai un proxecto de nido?Queremos ser a compañía láctea líder en Es- paña, con xestión especializada, capaz de entender e traballar cada negocio de forma diferente.O noso plan estratéxico ten catro eixes: as mar- cas, con operacións diferentes (Gran Consu- mo, Food Service e Exportación); a operación MDD (marca do distribuidor), externalizada en Iberleche, xunto con Leite Celta; INNOVA FOOD, co desenvolvemento de produtos industriais e ingredientes alimentarios, onde medramos con moita forza e temos vocación de liderado e ex- portación e o cuarto sería as alianzas e novos negocios, con ALPRO, HEFAME... tendo, entre outros proxectos, comida de bebé.O plan estratéxico ten catro eixes: marcas diferentes, externalización das brancas, desenvolvemento de produtos industriais e alianzas e novos negociosXestionando estas patas independentemente, en aprovisionamento e en comercialización, queremos reducir riscos aos que CAPSA estivo exposta no pasado por excesiva concentra- ción en leite líquido no mercado español.