Page 7 - Demo
P. 7

7a fondoQue porcentaxe ocupan a marca e a inno- vación (en procesos e produtos) na estra- texia comercial de CAPSA?Marca e innovación van xuntos. Falando de marcas é esencial resaltar que para nós é moi importante Asturiana pero tamén Larsa. Hai un proxecto de nido propio para Larsa dende Galicia e para Galicia con novos produtos, re- ferencias e alianzas. Por iso falamos de inno- vación transversal e non só de innovación en produto.Xa somos a segunda marca máis vendida en Galicia de todas as categorías de consumo en fogar pero queremos ser a primeira, a marca de referencia, en cada categoría de produto e medrar con forza nos distintos negocios lác- teos: leite, iogur, queixo, nata... Larsa está tendo moi bo comportamento grazas a que o con- sumidor galego a está recoñecendo pola súa calidade e sabor e a súa garantía de orixe 100% galega. Temos a  rme intención de se- guila desenvolvendo como unha das marcas sobre as que apuntalar estratexia e proxecto de futuro.Cal é a situación da internacionalización no sector lácteo?Partimos dunha base inadecuada. Por desgra- za para España, a cota inferior ao consumo lastrou o crecemento e a vontade e vocación exportadoras da industria: non había materia prima para medrar xa que se empregaba no mercado nacional.Eu separaría o curto prazo (atascado polo for- te desaxuste entre o aumento mundial da pro- dución co  nal das cotas e a mala evolución da demanda pola crise e a caída do prezo do petróleo) do longo prazo, onde haberá gran- des oportunidades.A curto prazo, nos últimos dous anos reduciuse nun 50% o prezo do po e o ingrediente indus- trial; falamos de 1.698 euros/tonelada de inter- vención fronte a 4.000 euros/tonelada. Porén, creo que é como investir en Bolsa: se o fas a curto prazo especulas; a longo prazo hai opor- tunidade de crear valor.Fábrica de Larsa en Outeiro de ReiA longo prazo (2009-2040) cómpre aumentar a produción alimentaria nun 70% para atender á poboación (10.000 millóns de persoas para 2050); a clase media pasa de 1.800 a 4.000 mi- llóns de persoas, basicamente en Asia e África —mercados interesantes— , e aumenta o po- der adquisitivo e demanda de proteína (carne, peixe e lácteos). Isto é unha oportunidade.Hoxe xa estamos en 40 países en fase de pene- tración e captura de clientes, nun camiño de longo percorrido.Para ter o éxito que buscamos temos que ad- quirir as competencias necesarias:  nancia- mento e dimensión para acadar economías de escala, mellorar os niveis de e ciencia e adaptar os produtos variados aos mercados de destino.Non queremos facer trading, entrar para saír: queremos construír marca nos países, por iso imos pouco a pouco.Irlanda, cunha produción similar á española e só cinco millóns de habitantes creou mercados internacionais e competencias industriais e comerciais competitivasNo130 - Outubro 2016


































































































   5   6   7   8   9