Page 39 - Demo
P. 39
Primeira plantación experimental de cabaza ornamental para a festa de Halloweenalongar o máximo posible o período de comer- cialización”.A primeira produtoraAínda que Rivero lista algúns competidores “pequenos, que cobren unha parte importan- te do mercado”, en cifras, Postoiro é unha das principais ceboleiras galegas.O 80% da produción véndese na Comunida- de —A Coruña e Pontevedra son as principais receptoras de cebola— a través de Horta de Galicia, cooperativa de segundo grao á que pertencen. A través dela chegaron a Asturias: “Enviaba produtos a Mercasturias e clientes in- teresados en cebola tipo Betanzos contactaron con nós.Vendemos preto do 20% en Asturias.”Postoiro non é monocultivo: “Dende que a SAT Procevisa se asociou en 2013, recuperamos plantacións abandonadas por falta de man de obra: repolo, leituga e porro”, di Rivero. Ac- tualmente empregan a seis persoas, 15 en épocas de maior traballo.En cifras:Cebola: 1,5 millóns de kg en 45 haPorro: 250.000 kg en 5 haRepolo: 500.000 kg en 10 haLeituga (riza e lisa): 10.000 ducias en 2 haParadoxicamente, para o transplante da ce- bola o método tradicional e a man de obra humana demostran maior e cacia que a ma- quinaria: “Vén unha cuadrilla de Murcia, con39mundo cooperativo15 persoas. Plantan manualmente cunha ferra- menta chamada peteiro de pato, un traballo de calidade, dúas hectáreas por día. O rende- mento da máquina era moi baixo, uns tres días por hectárea. Con dúas máquinas, o máximo que podíamos plantar en campaña eran 20 hectáreas”.O valor do localPara Rivero, se un produtor quere triunfar no mercado debe adaptarse:“Demándase cada vez máis produto galego de calidade”. Así, rexistrar un ecotipo sería non só un selo de ca- lidade senón tamén de honradez: “Queremos acabar coa fraude. Hai moita cebola chata de fóra de Galicia comercializada por chata de Betanzos ou do país sen ter as características, a prezos máis baixos. Digamos que se están a aproveitar un pouquiño do prestixio”.A meta é colocar no mercado un produto con selo e garantía de teren sido producido en GaliciaRivero sentencia: “Para estar no mercado tes que mellorar produción e calidade e reducir custos; os proxectos de I+D+i son unha axuda imporante. Tamén, a coordinación entre coo- perativas tanto de horta coma doutros secto- res, que agora falta, para chegar a novos clien- tes cun catálogo amplo de produtos”.A cebola chata de Postoiro presenta características dun ecotipo propio, semellante ao ecotipo BetanzosNo130 - Outubro 2016