Page 41 - Demo
P. 41
Este matrimonio ben avido non deixa de pedir leite e Pico Sacro pasou de xerar 800.000 litros/ mes en 2014 a aproximadamente, 1,3 millóns de litros/mes na actualidade.Diferenciación e diversi caciónO leite, se ben é a principal área de negocio da cooperativa —factura arredor de catro mi- llóns de euros anuais—, non é a única: en 1999 Pico Sacro culminou a fusión cunha coopera- tiva veciña de fabricación de pensos. Hoxe, a fábrica produce 500 toneladas mensuais e fac- tura dous millóns de euros por ano.A alimentación dos animais é un dos piares da calidade do leite de Pico Sacro.As explotacións reciben racións axustadas ás necesidades do gando, que usa os pensos como complemen- to á alimentación con forraxes, unha das áreas onde está a desenvolver iniciativas de I+D+i.Pico Sacro defende o produto de calidade logrado mediante I+D+i para situarse no mercado.A cooperativa conta cunha plantación expe- rimental de millo para atopar a variante máis produtiva e co mellor índice nutricional que se pode cultivar nos tipos de terra da comarca, de xeito que se mellore a rendibilidade das granxas xa dende a base.Ademais, en 2017, Queizúar prevé lanzar ao mercado novos produtos, froito dos investimen- tos en I+D+i, obtidos a partir da proteína e do soro do leite da cooperativa.Con técnicos de campo e veterinarios que realizan controis de calidade e análises perió-41mundo cooperativodicas nas granxas, camións cisterna propios para a recollida e entrega de leite e fábrica de pensos, Pico Sacro monitoriza cada paso da produción, garantindo así un leite con carac- terísticas estables e uniformes que se traduci- rá en queixos homoxéneos. Satisfán non só á queixería, tamén ao consumidor.Formación e informaciónA formación é un dos valores de Pico Sacro, pois entenden que é un dos medios para aca- dar a calidade. Un bo leite comeza na terra: na escolla de semente e de fertilizante e no modo de ensilado, que determinan a alimentación, e no manexo, que incide no benestar do animal. Todos os factores que in úen no leite son cu- bertos en charlas formativas organizadas polo persoal técnico de Pico Sacro.Deste xeito, os socios poden empregar proce- dementos e materiais máis axeitados para re- ducir custos de produción sen afectar á can- tidade e calidade. Isto, unido á estabilidade da simbiose entre Pico Sacro e Queizúar que permitiu evitar vaivéns no prezo do leite, tradú- cese en que as granxas de Pico Sacro poden estar preparadas para adaptarse ás circuns- tancias do mercado, aumentando produción segundo as necesidades da queixería e, can- do é preciso, enviando os excedentes a outros compradores sen altos perxuízos. Así, a entida- de pode permitirse unha economía saneada e espera chegar aos sete millóns de euros de facturación en 2016.Se ben esta estabilidade se consegue gra- zas ás excepcionais condicións locais e á con anza dos socios e da queixería na coo- perativa, Pico Sacro mira máis alá da esferaArzúa– Ulloa: a longo pra- zo, aposta por unha maior unión e asociación entre cooperativas para buscar sinerxías e conseguir tecido industrial e transformador que extraia valor engadido ao leite e consiga colocar os produtos no mercado, o que estabilizaría os prezos recibidos polas ganderías e evitaría competencia.No130 - Outubro 2016