Page 40 - Demo
P. 40

40mundo cooperativoCooperativa Leiteira Pico Sacro: o valor do localA cooperativa leiteira Pico Sacro produce dende 1985 leite con valor engadido: a entidade soubo aproveitar a vantaxe xeográ ca de situarse na rexión Arzúa – Ulloa e centrou esforzos no leite queixeiro.A visión de futuro deu froitos: 20 anos despois, segue a medrar.Cando as estatísticas parecen indicar que é preciso reducir a produción láctea nas explo- tacións e o consumo de leite e derivados non cesa de diminuír, a cooperativa Leiteira Pico Sacro (Boqueixón, A Coruña) leva a contraria ao mercado.Se informes do Fenil (Federación Nacional de Industrias Lácteas) mostran que dende 2014 a caída en prezo e volume de vendas do leite líquido é tendencia, Pico Sacro sitúase, indirec- tamente, no segmento que re icte datos positi- vos: o queixo.A cooperativa leva 20 anos centrando a súa produción no chamado leite queixeiro, o cal ademais, colocan maioritariamente nunha empresa, Queizúar S.L., que tamén mantén ocupado un oco intransferible no mercado: o do Queixo de Bama.En cifras (estimacións para 2016)• Facturación: 7 millóns de euros - Leite: 4 millóns de euros- Pensos: 2 millóns de euros- Tenda agraria: 1 millón de euros- Produción leite: 1,3 millóns l/mes; 42.000 l/día - Persoas socias/Persoal:*60 explotacións asociadas (220.000 l/explotación/ano, de media)*7 traballadores  xos + autónomos *Idade media asociados: > 40 anos.Situada no municipio de Boqueixón, un dos 34 autorizados para producir queixo da Denomi- nación de Orixe Protexida Arzúa- Ulloa, a coo- perativa tivo claro dende a súa creación que apostar por ese produto era un xeito de facer algo diferente á competencia.Así, no canto de grandes cantidades de leite para consumo líquido, as ganderías de Pico Sacro defenderon o valor engadido e adap- táronse ás necesidades de Queizúar para con- seguir un leite co índice físico-químico mellor axustado para converterse en queixo de cali- dade.


































































































   38   39   40   41   42