Page 38 - Demo
P. 38

38mundo cooperativoPostoiro:a innovación como identidadeA cooperativa Postoiro (Vilar de Santos, Ourense) non concibe o estancamento. Dende a súa fundación en 1996 ensaiou con todo tipo de técnicas e cultivos para conse- guir a mellor calidade nas colleitas e o maior rendemen- to das terras. Tanto é así que se atopan en proceso de rexistrar unha variedade propia de cebola.Javier Rivero, técnico da cooperativa dende 2001, explica que parte da vocación inno- vadora vén do presidente da entidade, Anxo Morán. Comezaron experimentando ata saber qué cultivos medraríanmellor nas terras da Limia: feixón, pemento, brócoli...: “Respecto á cebola, foi máis ben unha decisión de Anxo, quen escrutou o mercado e investigou o máis consumido e cun pre- zo alto”.A cebola chata tipo Betan-zos é o principal produtode Postoiro. En 1996 reco-lleron 100.000 kg nunhasuper cie de cinco hectá-reas; hoxe, 1,5 millóns dequilogramos de bulbo enmáis de 40 ha, realizandociclo pechado que impli-ca que a cooperativa se ocupa de todo, den- de a semente ata o empaquetado.Normalmente, explica Rivero, o produtor com- pra a semente e plántaa. Postoiro, non: “Cando empezamos, non había garantías de que a se- mente comprada fose da variedade, ou cum- prira as características que queriamos dentro do tipo Betanzos. Decidimos producila nós”.I+D+iAsí pois, seleccionaban o bulbo para semente pero, di Rivero: “Non se producía a su ciente e a que mercabamos non era a buscada. Era- mos moi dependentes diso”.Aí entrou en xogo a investigación. En 2008, o Centro de Investigacións Agrarias de Mabe- gondo (CIAM) visitou o parque de maquinaria especí ca de cebola de Postoiro: “Sempre se comentaron as inquedanzas e necesidades que tiñamos e o CIAM contou con nós para un proxecto de colaboración na mellora de se- mente. Supuxo un esforzo porque o investimen- to era importante para o volume de factura- ción que tiñamos, pero pareceunos interesante e conseguiuse  nanciamento”, rememora.Melloraron en calidade e cantidade, construíron in- vernadoiros con malla que protexían de inclemencias meteorolóxicas e probou- se a polinización con abe- llóns. Hoxe, separan 2.000 quilos de produción para a semente da seguinte co- lleita.Tal especialización tradú- cese nun vexetal con ca- racterísticas especí cas, que Postoiro espera ver recoñecidas o cialmente en forma de rexistro, des- exo que, di Rivero, perse- guen dende hai sete anos:“Chega a ser un ecotipo local aínda que con semellanzas de forma, sabor e cor co ecotipo Betanzos. É excelente para a cociña, tamén para fresco e ten unha boa conservación. Re- sulta de moitos anos de selección e está moi adaptada ao lugar”.A nosa cebola chata chega a ser un ecotipo localNo só innovan en cebola: “Temos demanda de porro todo o ano, pero algúns meses non a damos cuberto pola climatoloxía.Tratamos de coñecer o comportamento das variedades eJavier Rivero, técnico de Postoiro e membro da SAT Procevisa


































































































   36   37   38   39   40