Page 36 - Demo
P. 36

36mundo cooperativotemos que esforzarnos moito para facernos un oco dentro da gran capacidade de divulga- ción que teñen os poderosos actores capitalis- tas pero aos poucos, e máis nos últimos anos, estamos a conseguir explicar que hai outra for- ma de facer economía e sociedade.Son a estrutura e vinculación tan próximas ao comercio local un impedimento ou unha vantaxe para que as cooperativas poidan responder e mesmo, adiantarse ás necesi- dades dos consumidores?As cooperativas máis que vinculadas ao co- mercio local teñen estado moi vinculadas aos produtores locais. Desde ese punto de vista si que supón unha distancia importante co consumidor, mesmo de mentalidade, porque maioritariamente o gran consumo é urbano e mesmo está fóra do noso país. Temos unha mentalidade moi orientada ao produtor e aos seus problemas e en ocasións, non somos conscientes de que producimos alimentos que consomen persoas afastadas do medio rural.Temos unha mentalidade moi orientada ao produtor e aos seus problemas e en ocasións, non somos conscientes de que producimos alimentos que van consumir persoas afastadas do medio ruralA integración comercial é menos traumáti- ca que a fusión integral de cooperativas pero, é igual de e ciente a medio e longo prazo?Dende un punto de vista de e cacia empresa- rial a fusión é un modelo máis e ciente, pero a experiencia indica que as fusións son escasas, hai enormes resistencias e bastantes di culta- des, por temas de personalismos pero tamén pola integración de patrimonios etc. Por tanto, é unha forma complexa e lenta de integración.Defendemos como mecanismo máis rápido para gañar dimensión e poder de negocia- ción, a integración comercial. A curto prazo leva a coordinar actividades doutros ámbitos non só comerciais, un bo mecanismo para al- canzar a integración por fusión e culminar o proceso a medio prazo.Están a conseguirse os obxectivos esperados coa aprobación da Lei de Integración coo- perativa 13/2013 e a de mellora de funcio- namento da Cadea Alimentaria 12/2013?Algúns dos obxectivos esperados na Lei de Integración Cooperativa están a desenvolver- se e outros non se lograron. Os instrumentos de apoio ás Entidades Asociativas Prioritarias (EAP) recoñecidas contemplados no Progra- ma Nacional de Desenvolvemento Rural puxé- ronse en marcha, e a convocatoria de axudas aos investimentos levouse a cabo e está en trá- mite de resolución, esta parte está a funcionar: A Lei contemplaba outras moitas situacións de preferencia para as EAPs noutro tipo de axu- das e aí hai un longo percorrido a desenvolver.Da Lei tamén esperabamos que fose capaz de animar ás Comunidades Autónomas (CCAA) a fomentar e favorecer a integración das coo- perativas. Aquí, a aceptación foi moi escasa ou nula e en todo caso, con criterios diferentes á Lei. Por tanto, se o groso orzamentario para mellora da competitividade nas empresas está nos Plans de Desenvolvemento Rexional (PDR) das CCAA o percorrido foi escaso.Respecto ao recoñecemento das EAPs no pri- meiro ano da Lei, o balance é positivo: reco- ñecéronse tres, e probablemente antes de re- matar o ano poderanse recoñecer outras dúas ou tres porque a Lei non persegue que haxa un gran número de EAPs e as condicións para selo son esixentes.Lei da Cadea Alimentaria conseguiu que o sector agroalimentario sexa consciente de que hai prácticas abusivas que non se poden levar a caboA Lei da Cadea Alimentaria conseguiu que o sector agroalimentario sexa consciente de que hai prácticas abusivas que non se poden levar a cabo. A propia Lei creou un réxime sancio- nador e unha autoridade de vixilancia, a AICA (Axencia de Información e Control Alimenta- rios) que se  xo notar no sector cando detec- tou o incumprimento da Lei. Porén o cambio de comportamentos, moitos arraigados, non se produce de forma rápida. Confío en que o respecto cara a Lei aumente.


































































































   34   35   36   37   38