Page 37 - Demo
P. 37

Cooperativas Agro-alimentarias de España, na próxima lexislatura, tentará ampliar os supostos que a Lei actual tipi ca como prácticas abusi- vas e afrontar a venda a perdas, problema non abordado ata o de agora.Provocou a Lei de Integración unha maior actividade entre os intermediarios, que po- derían verse en perigo en caso de consoli- darse os procesos de integración e dimen- sionamento en España?É certo que cada vez que varias cooperativas deciden traballar en común hai unha reacción daqueles que temen sentirse prexudicados e se poden, tentan bloquear estes movementos, pero eu non son consciente de movementos concretos neste sentido.Cada vez que varias cooperativas deciden traballar en común aqueles que temen sentirse prexudicados tentan bloquear estes movementosPor que o exemplo de éxito das cooperati- vas do norte de Europa non encaixou facil- mente en España?O modelo cooperativo do norte de Europa é un modelo de empresas de maior dimensión que as nosas, pero ese modelo non é froito da xeración espontánea, nin da iniciativa dos pro- pios agricultores e gandeiros, senón que estes modelos foron fortemente impulsados desde os gobernos porque entenderon que o coo- perativismo é a mellor ferramenta de política agraria que podían aplicar para defender a rendibilidade dos seus agricultores e gandei- ros.Nos países do norte, a mediados do século XX, impulsaron estes proxectos cooperativos fortes37mundo cooperativoconvencidos de que iso lles situaría mellor no mercado, ademais a súa cultura é máis cola- borativa e menos individualista da que temos no sur, e por iso o cooperativismo encaixou me- llor aí.No noso caso, con todo, as iniciativas de fo- mento desde as administracións foron locais, illadas e nunca con visión de conxunto de mer- cado nacional.Coa visión que dá Madrid e coñecendo a fondo a traxectoria das cooperativas gale- gas, cales serían os retos nos que deberían profundar as nosas cooperativas?As cooperativas galegas,igual que as do res- to de España deben gañar dimensión, ese é o seu principal reto. O tamaño das cooperati- vas é moi pequeno en comparación cos seus clientes e o mercado, e iso colócaas nunha si- tuación de debilidade á hora de negociar. Ga- ñar dimensión require dunha xestión excelente, de liderado e de visión a longo prazo.Concretamente no sector lácteo, as cooperati- vas galegas teñen que avanzar na cadea de valor, ser capaces de transformar e comerciali- zar un produto con máis valor engadido.Ata agora froito da normativa que regulou o sector (cotas lácteas), houbo moitas coopera- tivas que desenvolveron unha actividade cir- cunscrita á comercialización de cisternas de leite cru, iso nestes momentos achega escaso valor e en momentos de crises a súa posición é moi complicada.O reto das cooperativas galegas é unirse, avanzar na cadea de valor mediante proxectos de transformación industrial que as coloque nunha posición máis sólida no mercadoAs cooperativas deben activar proxectos conxuntos, non ten sentido que cada coopera- tiva se lance a crear estruturas de transforma- ción industrial imposibles de amortizar. O reto é unirse mediante proxectos de transformación industrial que as coloque nunha posición máis sólida no mercado, non na posición vulnerable dos momentos de excedentes.No130 - Outubro 2016


































































































   35   36   37   38   39