Page 35 - Demo
P. 35

35mundo cooperativo“O máis rápido para gañar dimensión é aintegración comercial”Agustín Herrero,director xeral de Cooperativas Agro-alimentarias de EspañaAgustín Herrero é director xeral de Cooperativas Agro- alimentarias de España dende xaneiro de 2016. Nacido en León e licenciado en Veterinaria pola Universidade de Madrid, leva 25 anos vinculado ao sector cooperativo, vinte dos cales como subdirector da mesma Organización na que agora exerce como director.Continuidade ou diverxencia nesta etapa?Continuidade. Levo moitos anos na Organiza- ción e comparto o traballo feito ata o de agora. En Cooperativas Agro-alimentarias de España estamos a adaptarnos permanentemente ao contorno cambiante no que vivimos, tratamos de responder ás demandas dos nosos socios e das cooperativas polo que as nosas liñas de actuación están actualizadas e seguiremos adaptándonos segundo sexa necesario.En que se diferenza o actual sector agroa- limentario en España do de 25 anos atrás?As cooperativas modernizáronse á vez que o conxunto do país e o sector. Dende hai 25 anos produciuse unha transformación extraordinaria na sociedade e por suposto nas cooperativas, sobre todo naquelas que ocupan os primeiros postos dos ranking das empresas con capital nacional nos seus respectivos sectores.As tendencias indican que é necesario acceder ao mercado unidos en grupos dimensionadosSeguimos mantendo un modelo característico do sur de Europa con moitas cooperativas de carácter local, iso é un punto forte do coopera- tivismo porque permite unha relación de proxi- midade cos socios, pero as características dos mercados actuais e as tendencias de futuro indican que é necesario acceder ao mercado unidos en grupos con dimensión, capaces de asegurar a comercialización das producións dos socios, e captar valor engadido, sen per- der a conexión co socio nas cooperativas lo- cais. Avanzamos nesa liña aínda que a veloci- dade non parece su ciente. Ao volver a vista atrás o panorama non ten nada que ver co de hai 10 ou 15 anos, creo que estamos no bo ca- miño para avanzar no modelo local -global do cooperativismo.Os números re ícteno, as administracións recoñéceno: a fórmula cooperativa é un an- tídoto contra a crise económica, cohesiona- dor social, promove valores solidarios e de igualdade. Onde falla para non ser o forma- to empresarial máis desenvolvido?Falla que vivimos nunha sociedade tremenda- mente materialista e o modelo económico ca- pitalista está moi arraigado e promovido polos propios actores do sistema. O cooperativismo e outras fórmulas aparecen case como unha excentricidade, algo fóra do normal, minorita- rio. Os que defendemos a fórmula cooperativaNo130 - Outubro 2016


































































































   33   34   35   36   37