Page 43 - Demo
P. 43
43mundo cooperativoSODIAAL, a maior cooperativa leiteira francesa, un modelo próspero e imitablePasar por París sen valorar a beleza dunha cidade mo- numental, sen visualizar moda ou comprar un perfume non se entendería nunha viaxe pero sen aproximarse á experiencia de SODIAAL ––gran cooperativa con presen- za en oito rexións francesas, especialmente da Bretaña, considerada semellante a Galicia–– tampouco sería ra- zoable para os que temos a nosa vida posta ou dedicada ao sector lácteo.Este verán, catro cooperativas galegas inmer- sas nun proceso de integración saímos a co- ñecer outras experiencias europeas.A primeira parada foi Francia e, despois da grata acollida coa que nos agasallou Damien Lacombe, pre- sidente da maior cooperativa leiteira francesa: SODIAAL UNIÓN, prometémonos repetir a viaxe para coñecer mellor, a transformación e revo- lución que realizaron no rural francés, sendo para nós un modelo imitable e próspero.SODIAALForman o Consello Reitor desta cooperativa 24 membros, tres por cada unha das oito rexións representadas. Nace como resultado da in- tegración de entre 30 e 40 cooperativas que había nos anos 60 en Francia. Cunha boa rela- ción entre elas, asinaron un primeiro acordo en 1990, para a comercialización conxunta das súas marcas máis representativas daquela: CANDIA (leite líquido) e YOPLAIT (iogures).Cuns 5.000 millóns de litros, representan un 20- 25% da produción francesa, en litros e en por- centaxe de explotacións. En Francia, o 55% co- mercialízase baixo a fórmula cooperativa.A aposta dos socios en favor do cooperativis- mo re íctese na capitalización social, ache- gando 35 euros por cada 1.000 litros, máis/ menos un céntimo por litro procedente da capitalización do retorno cooperativo que re- ciben os socios. En 2015 trasladaron aos socios 0,35 euros/litro en efectivo, recoñecido como capital social. Entre 2011 e 2015 a media de retorno estivo entre 0,20 euros e 0,30 euros/litro.Prezo do leiteEn SODIAAL acordaron dúas tarifas:a) Retribúe o 90% do leite a 0,27 euros/litro de prezo base máis 5,5 euros/t por cada décima de proteína superior a 3,2 e 2,7 euros/t por cada décima de graxa superior a 3,8.b) Paga o 10% restante da produción a 0,19 euros/litro, a partir do prezo base. De exceder a produción do ano anterior, cada litro por riba págase a 0,06 euros/litro.O prezo do litro ao consumidor sitúase arredor dos 0,65 euros para as marcas de MDD e entre 0,75 euros e un euro por litro para a marcas de fabricante. Tamén asinaron un acordo cun dos maiores grupos de comercialización de lei- te en China para a súa distribución: producirán 100.000 t de leite en po infantil.Sector lácteo francés• Produción media por explotación 350.00 litros (8.000 l/vaca).• Vida útil de 3 partos/vaca.• O custo dunha xovenca ao parto sitúase en- tre 1.200 e 1.500 euros.• En xenética das vacas de leite: o 70% da ca- bana é Holstein; o 18%, Montpellier; o 8%, Pardo Alpina e o 4% restante, outras razas.Javier Barcia, xerente de Os Irmandiños José Montes Pérez, presidente de AGACA e presidente de FEIRACONo130 - Outubro 2016