Page 26 - Demo
P. 26

26caderno técnicoAdemais, esa procura semella pouco activa e dáse a través de canles convencionais —veci- ños, sobre todo residentes, e familiares—, que parecen insu cientes para abarcar os radios de acción,en termos de distancias,vistos como razoables por parte dos propios agricultores.Hai unha clara preferencia polo arrendamen- to en relación á compravenda, debido en boa parte á percepción de que os prezos nese caso son moi elevados, o que semella ser un obstáculo importante a esa vía de transferen- cia (abordarase no seguinte apartado).A maioría dos arrendamentos son informais, algo que xeralmente non é percibido coma un problema relevante por parte do arrenda- tario e, en xeral, tampouco condiciona as es- tratexias produtivas. A inseguridade percibida neses casos aumenta en contextos de eleva- da presión sobre a terra ou coa necesidade de investimentos importantes para a posta en produción, situacións nas que a ausencia de contratos escritos si se identi ca como condi- cionante.A análise da demanda e dos posibles obstá- culos á mesma aborda só aquela existente internamente en explotacións no sector agra- rio. Estimar cal é a demanda potencial proce- dente de fóra do sector e cales os atrancos á mesma, excede o alcance deste traballo. Po- rén, pódense facer dúas re exións ao respecto.En primeiro lugar, hai diversos indicios que apuntan a que esa demanda existe, por exem- plo os datos de demandas recibidas polo Ban- co de Terras de Galicia (Figura 5): observamos que, se ben os concellos máis agrarios reco- llen o maior número de demandas, aparecen numerosas demandas noutras áreas onde, segundo o visto, non hai presenza de explota- cións de alta demanda. Destacan, por exem- plo, algunhas áreas metropolitanas da facha- da atlántica, ou a zona oriental da provincia de Ourense. Con toda probabilidade as carac- terísticas da demanda nunha e noutra zona serán diferentes, e polo tanto, tamén as posi- bilidades de mobilizar terras de diferente per l.O segundo elemento a mencionar é que a agri- cultura familiar é un sector bastante pechadofronte ás incorporacións externas, sendo o rele- vo xeracional fundamentalmente interno (Etxe- zarreta et al., 1995). Isto advírtenos de que os obstáculos para que esa demanda potencial se materialice poden ser aínda maiores que os que aparecen na demanda interna no sector.Así, no caso da demanda de terras por parte de novos produtores de fóra do sector, os con- dicionantes  nanceiros poden ter máis impor- tancia que nas explotacións xa establecidas, falando da compra de terras, tanto polo investi- mento que poida representar como polas pro- pias necesidades asociadas a iniciar calquera tipo de produción. Os atrancos relacionados coa capacidade para atopar super cies dis- poñibles tamén cobrarían maior importancia se temos en conta as canles habituais de bus- ca de parcelas.Figura 5 Número de demandas de terra recibidas polo Banco de Terras de Galicia, excluídas as realizadas sobre parcelas xa dispoñibles no Banco (elab. pro- pia a partir de datos do Banco de Terras de Galicia, 2014).Obstáculos do lado da ofertaBoa parte de postulados previos en relación aos obstáculos do lado da oferta (a partir do traballo de Edelmiro López Iglesias, 2000) concordan cos resultados deste estudo. Así, López Iglesias destaca «especialmente tres, que operan todos eles bloqueando a oferta


































































































   24   25   26   27   28