Page 25 - Demo
P. 25

No caso da proporción de super cie agrícola en réxime de arrendamento, os resultados son máis difíciles de interpretar dado que suxiren que hai máis SAU en arrendamento cando as explotacións invisten máis cantidade do fac- tor traballo ou, no caso das gandeiras, teñen unha maior carga gandeira (ambas explica- rían a necesidade de aumentar o factor terra, o que en parte podería conseguirse vía arren- damento).Obstáculos á mobilidade: non todo é branco, nin negroA heteroxeneidade do territorio galego en can- to a dinamismo do mercado e á mobilidade de terras relaciónase tamén cunha gran diver- sidade nos obstáculos a esa mobilidade.Obstáculos do lado da demanda de terrasParece claro que o principal obstáculo á de- manda de terras para a súa mobilización pro- dutiva, que afecta a unha gran parte do terri- torio galego, é a ausencia dun sector agrario dinámico que sexa demandante efectivo.Viuse como, en xeral, o colectivo estaría consti- tuído por explotacións con titulares novos, con certa dimensión económica e para as que a terra é un factor produtivo fundamental; hoxe en día, sobre todo, polas ganderías sobre a base da terra e, en menor medida, as de culti- vos extensivos.Ademais, a demanda increméntase co tama- ño e grao de intensi cación, representado pola carga gandeira. Iso tradúcese en que a maior demanda de terras por parte do sector con  ns agrogandeiros, en termos de super cie, localí- zase en relativamente poucos concellos (Figu- ra 4). O 75% das explotacións de alta deman- da concéntranse en menos da quinta parte dos municipios galegos, nos que ademais se atopa o 55% da SAU total censada (que á súa vez representa arredor dun 40% da super cie municipal).É razoable pensar que, neses casos, a deman- da sexa elevada en relación coas posibilida- des de expansión e que complementariamen- te, a demanda intersectorial sexa moito menor25caderno técnicoen gran parte dos concellos restantes. Esas marcadas diferenzas xeográ cas aparecerían xa ao nivel de parroquia, tal e como se atopou nun traballo de campo nas comarcas de Lugo e Meira, Vila García et al. (2014).Ademais, estas explotacións buscan parcelas con bos accesos e tamaños sensiblemente maiores á media das que xa xestionan e ta- mén dos da contorna e, sobre todo, nun radio relativamente próximo.Isto non signi ca que outras tipoloxías de ex- plotación non sexan demandantes efectivas (por exemplo de horta ou viñedo), pero a súa importancia en termos de presenza territorial e cantidade de super cie potencialmente de- mandada é, comparativamente, moito menor. Porén, non por iso se pode obviar a demanda que representan a nivel local en zonas concre- tas.Esa especialización a nivel de produción, e polo tanto, do tipo de demanda, vai aparella- da á uniformización do modelo produtivo, de sistemas de manexo ou de tipos de aproveita- mentos da terra, o que orixina que esa deman- da efectiva xa especializada teña uns requisi- tos máis restritivos á hora da busca de novas super cies, e limita aínda máis a súa capaci- dade de mobilización de terras.Figura 4 Densidade de explotacións de alta demanda (explot./km2) (Elab. propia a partir de Censo Agrario 2009).No130 - Outubro 2016


































































































   23   24   25   26   27