Page 27 - Demo
P. 27
efectiva das terras liberadas por parte dos seus propietarios: a concorrencia dos usos urbanos cos usos agrarios do solo, a forte concorrencia exercida tamén polos usos forestais, e o atrac- tivo que segue tendo no noso país a terra en tanto que activo ou elemento do patrimonio».A competencia dos usos urbanos, responsa- ble da perda dunha extensión importante de SAU6, semella responsable do incremento xene- ralizado dos prezos de compravenda da terra rústica, aínda que en teoría, estas super cies non poidan ser obxecto de urbanización. Así, o incremento de prezos na terra rústica vén da man de procesos de aumento da super cie ur- banizada asociados á expensas da perda de super cie agrícola e forestal.Evidentemente, ademais do efecto directo aso- ciado a esta perda de super cie, a suba de prezos nas super cies rústicas afecta negativa- mente á mobilidade de terras agrarias enca- recendo considerablemente a compravenda.Os prezos poden ser de tres a cinco veces su- periores nas zonas afectadas. A situación ató- pase en practicamente todo o ámbito costeiro, o eixo atlántico e na contorna dos principais núcleos de poboación do interior: case a me- tade do territorio galego.Á par, a concorrencia dos usos forestais se- mella con rmarse tamén7, cunha in uencia relativa maior, especialmente nos concellos con maior densidade de explotacións de alta demanda de terras. Mesmo nos lugares cun- ha forte presenza de explotacións de alta de- manda, a conversión de super cie agrícola a forestal produtor ten acontecido igualmente, o mesmo que de mato ou frondosas a forestal produtor. Isto parece corroborar que SAU e su- per cie para a produción forestal coexisten e compiten nas zonas nas que a demanda de terras para aproveitamento agrícola é elevada, e non só onde esa demanda agropecuaria non existe. De feito, nalgúns dos estudos de27caderno técnicocampo realizados, parte dos propios gandei- ros enquisados declaran que de cesar na ac- tividade, terían preferencia por forestar as súas ncas.Ademais, independentemente do anterior, as diferentes fontes e indicios compilados neste traballo seguen apuntando ao xa tópico de que as persoas propietarias son reticentes á venta das súas tenzas, así como aos arrenda- mentos formais. O anterior pode matizarse co feito de que semella que os arrendamentos informais son máis aceptados e preferidos e tamén coa hipótese de que en situacións de absentismo e baixa presión sobre a terra, os prezos de compravenda poidan ser máis ac- cesibles, iso si, no caso de que a transacción se poida materializar.6 Como xa se indicaba nun artigo anterior desta mesma revista (Villada,E.,Alibés,J.,Ónega Q. “A dinámica do uso da terra en Galicia”.Cooperación Galega. Caderno de D. Técnica. No 115. Outubro 2013. AGACA), un estudo de Corbelle Rico e Crecente Maseda (2013) detectou que no período 1985–2005 algo máis de 67.000 ha agrícolas pasaron a ser ocupadas por edi cacións ou infraestruturas (algo máis dun 7% da super cie agrícola inicial), das que case un 40% era solo agrícola, de elevada aptitude.7 Entre 1985 e 2005 arredor de 158.000 ha de uso agrícola foron forestadas, sendo o paso neto de super cie agrícola a forestal produtor dunhas 64.000 ha (Corbelle Rico e Crecente Maseda, 2014). As super cies a mato tamén foron obxecto dunha forestación intensa (algo máis de 100.000 ha netas), sendo este un proceso que puido entrar tamén en competencia coa mobilización das terras dende un punto de vista agrogandeiro.Labores de recuperación de terreos forestais para prados e cultivos en Castro de Rei - Verao de 2016No130 - Outubro 2016