Page 24 - Demo
P. 24
24caderno técnicoO incremento produciuse sobre todo en ex- plotacións cos titulares máis novos e de maior dimensión económica. En concreto, as explo- tacións con titulares menores de 55 anos e de maior dimensión económica, que representan un 14% do total, xestionan un 40% da SAU in- ventariada polo censo de 2009, da cal un 41% é SAU en arrendamento.É tamén o grupo que máis aumenta o tamaño medio de explotación, en parte polo incremen- to signi cativo da super cie arrendada dende o 1999, triplicándoa. Pasaron dunhas 15 ha de SAU media en 1999 a case 24 en 2009 e de 35.000 ha totais arrendadas en 1999 a case 110.000 ha. Pódese deducir que o arrenda- mento foi a vía fundamental para o seu cre- cemento.Ese grupo de explotacións está dominado por explotacións gandeiras sobre a base da terra, fundamentalmente de vacún de leite e de carne, cun 42% de taxa de arrendamento. Podemos referirnos a ese subconxunto de ex- plotacións como de «alta demanda» de terras; no seu caso, a proporción de terras en arren- damento xa se achega moito ás medias eu- ropeas.Pola contra, os outros conxuntos de explota- cións evolucionaron máis modestamente e apenas aumentaron, ou en moita menor me- dida, a súa super cie media. As taxas de su-per cie arrendada comportáronse igual, aínda que o aumento segue sendo salientable.Variación dos prezos, das taxas de compra- venda e dos ratios de arrendamentoOs resultados suxiren,en relación á compraven- da, que os maiores niveis de mobilidade están asociados á existencia dun sector agrario po- tente. Porén, a relación dista de ser lineal, só se aprecia un aumento importante da mobilida- de cando a importancia territorial das explo- tacións —no senso de seren responsables da xestión dunha boa parte da super cie dunha área dada—, acada os niveis máis elevados.Tamén se aprecia que maiores tamaños me- dios de parcela van asociados a maiores taxas de transferencia; é dicir, que alí onde as parce- las son máis pequenas de media hai en pro- porción, menor número de transaccións.Parecen, ademais, apreciarse maiores niveis de mobilidade cando os titulares das explota- cións son de menor idade.Finalmente, o comportamento da taxa de transferencia en función da densidade de po- boación suxire que a mobilidade é menor nos concellos máis despoboados, pero tamén nos máis urbanizados. En todo caso, esta discusión sobre os obstáculos que poden reducir o nivel de mobilidade será tratada con máis detalle no apartado seguinte.Figura 3. Relación entre a taxa de transferencia media anual (%) e a densidade de explotacións gandeiras cunha Produción Estándar Total (PET) superior a 25.000 € (explotacións/km2). (Elab. propia a partir dos datos da ATRIGA e o Censo Agrario, 2009).