Page 22 - Demo
P. 22

22caderno técnicoO obxectivo do traballo é mellorar a compren- sión dos mecanismos de prezo e mobilidade de terras en Galicia e a súa relación coa si- tuación do sector primario.As principais fontes de datos empregadas son, para as compra- vendas, os datos de transmisión recompilados polo BTG para as Zonas de Especial Interese Agrario3 (ZEIAs) e os datos recollidos pola Axen- cia Tributaria de Galicia (ATRIGA) a partir das liquidacións do imposto de transmisións para todo o territorio galego. Analizáronse os perío- dos 2008-2011 e 2008-2013 respectivamente. Para os arrendamentos utilizáronse os datos dos Censos Agrarios de 2009 e 1999. Esa infor- mación complementouse con diversos traba- llos de campo nos que se enquisaron, entre ou- tras, a máis de 80 explotacións gandeiras das comarcas de Terra Cha, Lugo e Xallas.O mercado de terras: que se move, onde e por cantoOs resultados suxiren que o mercado de com- pravenda de terras en Galicia presenta niveis de mobilidade particularmente baixos, simila- res aos do leste e centro de Europa, malia que existan áreas concretas onde a mobilidade é elevada, asociadas á existencia dun sector agrario potente e forte presenza no territorio.Pola contra, o prezo da terra presenta valores similares aos de países de Europa occiden- tal, máis elevados onde a densidade de po- boación é maior e a importancia do sector agrario é menor, e máis baixos onde existen maiores niveis de absentismo das persoas pro- pietarias. En xeral os prezos son máis baixos onde a mobilidade é maior.Taxa de transferencia anual por compravendaA taxa de transferencia anual por compra- venda estimada a partir dos datos do BTG é do 0,10%4, e semella relativamente estable ao longo dos catro anos analizados. Porén, obsér- vanse diferenzas importantes entre as parcelas con diferente uso declarado (Cadro 1), de xei- to que as compravendas afectan moito menos a parcelas con arborado que a parcelas de uso agrícola ou parcelas cubertas de mato.Cadro 1.Taxa de transferencia anual mediante compravenda, según o uso declarado(Elab. propia a partir da base de datos do Banco de Terras de Galicia)As compravendas inciden menos nas parcelas con arborado que nas de uso agrícola ou nas cubertas de mato.Con todo, hai gran diversidade xeográ ca e os valores da taxa de transferencia anual varían considerablemente entre municipios; nalgún caso de transferencias de terra agrícola chega a acadar o 1,2%. A nivel parroquial obsérvase aínda máis a gran variabilidade e ata se de- tectan valores puntuais da taxa de transferen- cia anual que superan o 10%.A taxa de transferencia anual de parcelas con uso agrícola ou gandeiro (0,16%) observada nas ZEIA semella próxima á observada en par- te de Europa central, como sería o caso de Es- lovaquia (0,14%), a República Checa (0,21%), ou Romanía (0,09%) (datos de van Dijk, 2007).Non obstante, é considerablemente inferior á de moitos outros estados europeos, como por exemplo Países Baixos (3,1%), Bulgaria (1,6%), Italia (1,4%), Francia (1,0%) ou Suecia (0,65%) (Ciaian et al., 2012 b).PrezoO prezo medio atopado para o conxunto dos usos e concellos é de 11.300 €/ha segundo os datos do BTG. A distribución dos prezos é asi- métrica: moitas parcelas teñen valores baixos e só unhas poucas moi altos, o que eleva con- siderablemente os valores no caso das medias. Por esta razón, os valores de prezo mediano que se amosan son probablemente de maior utilidade. Cando se comparan os prezos das parcelas en función do uso declarado, pódese observar como o prezo da terra agrícola é moiTaxa transferencia media (%)Ano 2008   2009   2010   2011TotalAgrícolaForestalMatogueira0,10,140,10,140,090,150,090,150,140,20,140,20,090,180,090,182008-20110,10,160,10,163 37 comarcas de Galicia estiveron declaradas como ZEIA ao abeiro da Lei 7/2007, que sería derrogada con posterioridade pola Lei 6/2011 de mobilidade de terras. En total, arredor do 70% do territorio galego foi considerado ZEIA.


































































































   20   21   22   23   24