Page 21 - Demo
P. 21
tinado á produción de madeira—, os procesos de urbanización, a intensi cación das activi- dades agropecuarias ou o simple abandono da terra son facetas da realidade actual do territorio galego fortemente relacionadas coas dinámicas do mercado de terras na comuni- dade autónoma (CCAA). Estas mudanzas non foron iguais en todo o territorio da CCAA, de xeito que é posible falar de, cando menos, tres áreas diferenciadas:A litoral, densamente poboada, onde a cu- berta de arborado destinado á produción de madeira se xo dominante.As montañosas do interior, que acusaron o despoboamento e envellecemento, nas que a vexetación de orixe espontánea ocupa pro- gresivamente as áreas abandonadas pola ac- tividade humana.Unha intermedia, de importante actividade agrícola e gandeira que convive coa produ- ción de madeira (Corbelle Rico e CrecenteMa- seda, 2014).Na medida en que os efectos negativos do abandono da actividade agrícola ou gandei- ra en grandes áreas do país se foron facendo máis patentes, a Administración pública foi impulsando —voluntariamente nalgúns casos, con timidez ou indolencia, noutros— medidas concretas para dinamizar as transferencias de propiedade da terra e, sobre todo, a súa mo- bilización con ns produtivos. Como exemplos, podemos citar o Banco de Terras de Galicia (BTG), as agrupacións de xestión conxunta no ámbito forestal (nun tempo as Unidades de Xestión Forestal Sostible, UXFOR, e actualmente as Sociedades de Fomento Forestal, SOFOR), ou mesmo a reforma dos mecanismos de con- centración parcelaria, coa Lei de Mellora das Estruturas Territoriais Agrarias recentemente aprobada.Nun contexto tan diverso, o paradigma da es- casa mobilidade do mercado de terras como obstáculo para a reestruturación do sector agrario precisa ser matizado e, sobre todo,21caderno técnicoanalizado con maior detalle para poder dife- renciar o que sucede en distintas partes de Galicia. Case vinte anos despois, o traballo de López Iglesias (1996) continúa a ser a re- ferencia principal sobre o mercado da terra en Galicia, caracterizado por prezos elevados e escaso volume de transaccións, máis que é necesario matizar á vista da nova información dispoñible.NeNstesCteaCdeardneorTnéocnTéicconpicreosépnrteaséentase ununrerseusmumooddoossprriincipaiisreressuultaltaddososdo convdeonicoodnveecnoioladbeocroalacbióonraPcrioópniedade,“Pmropoibediliaddaed,emdobailitdearrdaeedvaatelorraización territoeriaval,lsouribzasciróitnoternritroerial”F,undación subJsucraitonaendtreVaeFguan,dacAióxennJcuianGaadleVgeagad,e aDAexseenncviaolGveamlegeantdoeRDuerasel nevoalvUenmiveenrtsoidRaurdael edaeUnSiavenrtsiaidgaodeddeeCSoamntipaogsotedleaCaotmrapvoéstedlaoa través do LabLoarbatoraiotodroioTedrroitoTeriorritorio.Neste Caderno Técnico preséntase un resumo dos principais resultados do convenio de co- laboración Propiedade, mobilidade da terra e valorización territorial, subscrito entre a Funda- ción Juana de Vega, entidade impulsora do traballo, a Axencia Galega de Desenvolvemen- to Rural e a Universidade de Santiago de Com- postela a través do Laboratorio do Territorio2.2 Pode consultarse máis información no informe nal do proxecto dispoñible en https://sitegal.xunta.gal/sitegal/ev/ProMoVaTe. Unha versión com- pleta dos resultados está publicada na monografía “Un enorme bazar. O mercado de terras en Galicia” (Corbelle Rico, Enríquez García, Ónega López e Crecente Maseda, 2016. Servizo de publicacións e intercambio cientí co da Universidade de Santiago de Compostela).Areas de pastoreo extensivo en Muras - Primavera de 2016No130 - Outubro 2016