Page 20 - Demo
P. 20

20caderno técnicoA mobilidade de terras en Galicia: unha visión anovadaUn rural en continuo cambioOs datos dos Censos Agrarios mostran un con- tinuo descenso do número de explotacións dende 1962 ata hoxe: só entre 1999 e 2009 apuntan a unha diminución drástica dun 70%1. Porén, a diminución non supuxo unha axeitada reestruturación do sector: as explotacións que permanecen non presentan un tamaño nin demografía equiparables á media europea: só 8,1 ha de Super cie Agraria Usada por explota- ción, só un 3% dos titulares son menores de 35 anos —hai 10 anos era do 5% (INE 2011)—, e un 40% dos titulares superan os 65 anos.Entre 1999 e 2009 o número de explotacións descendeu nun 70%; a media de SAU é de 8,1 ha; arredor do 40% dos titulares teñen máis de 65 anos e só un 3% é menor de 35.A escasa transferencia de terra dende as ex- plotacións cesantes ás que permanecen en activo, segundo a diagnose establecida por López Iglesias (1996), supuxo que a super cie dedicada a cultivo ou pastoreo fora en conti- nua diminución (Corbelle Rico e Crecente Ma- seda, 2009). O paradoxo veu dado por unha crecente dependencia dos mercados interna- cionais do millo ou a soia, por exemplo, para satisfacer a demanda local de produtos para a alimentación animal. Así, as explotacións de vacún galegas mercan, cada ano, alimentos por valor do 57% dos seus custos totais (Comi- sión Europea, 2013) e en Galicia importáronse, tan só no 2014, cereais por valor de 190 millóns de euros (IGE, 2015).En moitos concellos galegos os titulares catastrais superan ao número de habitantes sen previsións de cambios nesta tendencia.A forte fragmentación do sistema de propie- dade galego (Dirección General de Catastro, de 2013) —tanto en número de parcelas, con máis de once millóns, como en número de pro- pietarios, con 1,6 millóns— incrementa moito a complexidade do mercado de terras e as di - cultades para o estudo do seu funcionamen- to. A evolución demográ ca dos últimos anos, que foi concentrando unha proporción cada vez maior da poboación total na metade occi- dental do territorio mentres as áreas de interior foron perdendo habitantes, engade complexi- dade adicional, en canto que cada vez máis ti- tulares de parcelas rústicas residen en localiza- cións xeográ cas afastadas das parcelas das que son titulares. Como resultado, son moitos os concellos de Galicia onde o número de titu- lares catastrais supera ao de habitantes (Figu- ra 1) e non se espera que a tendencia cambie.1Pasando de 270.053 a 79.909, se ben é probable que unha boa parte da redución sexa atribuíble a variacións na metodoloxía de captura de datos. Así, o Censo de 1999 consideraba explotacións agrícolas con e sen terras (con super cie superior a 0,1 ha no primeiro caso ou, cando menos, cunha vaca, dous cabalos ou asnos, seis ovellas...). O Censo de 2009 é máis restrinxido: explotacións de máis de 1 ha, ou 0,2 ha dedicadas a hortalizas ao aire libre, 0,1 ha de invernadoiro, 1 unidade de gando maior (UG).Figura 1 No de titulares catastrais por habitanteO aumento da super cie ocupada por arbora- do —fundamentalmente, pero non só, do des-


































































































   18   19   20   21   22