Page 18 - Demo
P. 18
18tendenciasActívanse novas modalidades en seguros de gandoO 1 de xuño puxéronse en funcionamento no- vas modalidades de seguros de gando a tra- vés das que os gandeiros e gandeiras disporán dun amplo abano de coberturas e garantías con gran exibilidade e capacidade de elec- ción, permitindo confeccionar un seguro á me- dida das necesidades de cada explotación.Poderase confeccionar un seguro á medida das necesidades de cada explotación.A estrutura é sinxela: contrátase unha garantía básica que inclúe os riscos que potencialmen- te poden provocar máis dano ás explotacións: un paquete de coberturas sanitarias, acciden- tes climáticos e outros riscos como, por exem- plo, ataque de animais. Esta garantía básica pódese mellorar e ampliar seleccionando de forma independente ata 16 garantías adicio- nais.Para o vacún reprodutor, as garantías adicio- nais cobren unha gran variedade de riscos presentes no día a día das explotacións: ac- cidentes individuais, meteorismo agudo, mami- tes individuais e brotes, carbunco, SRB e outras enfermidades, morte súbita, morte da nai no parto...Máis novidades vantaxosas:• Na garantía de cría: Cobre dende o nace- mento ata o mes de vida.• Na diminución da prolixidade nas explota- cións de aptitude cárnica.• Na perda da calidade do leite nas explota- cións de aptitude láctea.• En explotacións lácteas cunha produción media anual superior a 10.000 quilos poderán asegurar os animais a un valor superior, aínda que non estean en control leiteiro ou non se- xan puros.Inorporacións: novidades na xestión e trami- tación• Posibilidade de domiciliar o cobro das primas e os pagos das indemnizacións directamente na conta do persoa asegurada.• Pódense unir nunha mesma declaración, a garantía de vida e a de recollida e destrución de animais mortos na explotación (R y D).• Posibilidade de contratar o seguro na súa modalidade renovable.• Pódese fraccionar o pago da prima con aval de SAECA.• A garantía de saneamento extra comple- mentará o sacri cio necesario por tuberculose e brucelose bovina, leucose enzoótica bovina e perineumonía contaxiosa bovina, xa incluído na garantía básica.• Para o resto de especies aseguradas, os se- guros adáptanse aos riscos especí cos mais frecuentes en cada caso.En de nitiva, con gúranse como unha ferra- menta clave para a xestión do risco ao que es- tán expostas as explotacións de gando, facili- tando a continuidade da actividade gandeira en caso de sinistros graves.