Page 16 - Demo
P. 16

16tendenciasRede Eusumo. AGACA reanuda as activida- des dirixidas a estudantes,mulleres socias e propietarios de montesComo sacar rendemento dos montes comunais, dar a co- ñecer entre os estudantes o modelo cooperativo como opción profesional con exemplos reais ou instruir para que a muller progrese na xerarquía da cooperativa son algunhas das accións que técnicos de AGACA e profesio- nais especializados continúan realizando no marco da Rede Eusumo, unha iniciativa promovida pola Conselle- ría de Economía, Emprego e Industria, dirixida a fomentar o cooperativismo e a economía social.Aproveitamento do monteUnha trintena de asistentes participaron, a  - nais de setembro en Mazaricos, na Xornada “Creación de Emprego e Riqueza mediante o uso Cooperativo do Monte Comunal”, con re- latorios sobre as implicacións da Lei 7/18 de Montes nos investimentos das Comunidades de Montes Veciñais e en Man Común, a xestión cooperativa dos recursos infrautilizados e sobre a e ciencia enerxética.Expuxéronse experiencias de uso de terreos para cultivo de castaña e oliveira e para reco- llida de resina, obtendo rendementos.Empoderamento da mullerUnha decena de alumnas asistiron durante sete xornadas, a un Obradoiro de Empodera- mento en Sada (A Coruña). Os obxectivos da actividade eran apuntar as bases da direccióne administración empresarial das cooperati- vas, identi car situacións que desfavorezan á muller no posto de traballo e motivar ás mu- lleres a implicarse máis nos órganos directivos.Os módulos contemplan, entre outras mate- rias, normativa, conceptos empresariais bási- cos dunha cooperativa, habilidades directivas, plani cación estratéxica, retos e identi cación ou análise dos obstáculos que as socias da cooperativa poidan acusar para o acceso aos órganos de decisión.EstudantesEn canto á divulgación do cooperativismo como xeito de conseguir un futuro económico e profesional estable no medio rural, este cur- so repertiranse visitas de estudantes de Edu- cación Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional a cooperativas e Centros Rede Eu- sumo.Os primeiros grupos de estudantes, do CFEA de Sergude e Guísamo, viaxaron á Fundación Terra de Trasancos e a Cooperativa Santa Ma- ría do Val. Durante as charlas, mostráronse di- ferentes empresas fundadas por persoas mo- zas emprendedoras que actualmente están funcionando con éxito en diferentes áreas de negocio e explicáronse principios básicos de cooperativismo de xeito que o alumnado co- ñeza as vantaxes que ofrece.


































































































   14   15   16   17   18