Page 9 - revista agaca 167_web
P. 9

9

                                                                                                  a fondo
                                               PROPOSTAS




                 1         Eliminación da burocracia e simplificación real da PAC. A agricultura e a
                           gandaría están á vangarda, pero o exceso de burocracia asfixia aos sectores.
                           O Caderno Dixital de Explotación debe ser voluntario, polo menos para os
                           próximos a xubilarse.

                 2         Impulsar as cláusulas espello nos acordos comerciais asinados pola UE.
                           Débense modificar os acordos comerciais para poder competir coas mesmas
                           regras de xogo. Maior control nas fronteiras e freo aos acordos con terceiros
                           países que non produzan nas mesmas condicións que na UE.

                 3         Recoñecer a importancia da gandería. Hai un crecente esquecemento da
                           gandería e da súa importancia económica, social e ambiental. O sector gandeiro
                           debe ser respectado e protexido antes os ataques infundados. Calquera
                           normativa publicada ou que se pretenda publicar, como a de benestar animal,
                           debe contar con estudos de impacto e baixo evidencia científica, e non pode
                           poñer en risco a viabilidade económica e a competitividade das explotacións.

                 4         Compromiso firme de axudar na loita contra pragas e enfermidades das
                           plantas e animais. Urxe establecer e apoiar estratexias e políticas de loita e
                           prevención  contra  as  pragas  (flavescencia  dourada,  verme  do  millo  etc.)  e
                           enfermidades dos animais (lingua azul, EHE etc.).

                 5         Medidas  de  apoio  reais  e  factibles  á  remuda  xeracional.  É necesario o
                           respaldo á incorporación das novas xeracións á actividade agraria e gandeira
                           con medidas políticas e económicas tratando de garantir a súa permanencia,
                           profesionalización e rendibilidade das súas explotacións, así como fomentar a
                           súa incorporación ás cooperativas agroalimentarias.

                 6         Adaptar  os  obxectivos  medioambientais  do  Pacto  Verde  á  realidade
                           económica e social do sector produtor. Os agricultores e gandeiros somos
                           conscientes  do  noso  papel  como  defensores  da  terra,  polo  que  urximos  un
                           diálogo para determinar obxectivos razoables, prazos posibles, financiamento
                           público e coherencia coas políticas comerciais.

                 7         Medidas para lograr un maior equilibrio no mercado entre a produción e o
                           resto dos elos mediante a estruturación produtiva e comercial. Para lograr
                           prezos xustos para os nosos produtos, eliminar a especulación e favorecer
                           unha remuneración digna do  traballo dos produtores é preciso apoiar  ás
                           cooperativas como ferramenta económica clave dos agricultores e gandeiros.
                 8         Adaptación dos ecorréximes e da PAC, especialmente da PAC á realidade

                           produtiva da agricultura e gandería de Galicia.


                 9         Unha política clara de protección da agricultura e gandería contra a
                           fauna salvaxe. Deben existir plans de xestión e control da fauna salvaxe,
                           mediante un control de censo de poboación de animais salvaxes por parte
                           das administracións, así como, indemnizacións dos danos ocasionados pola
                           fauna e o lucro cesante.

                                                                                                     Nº 167 Marzo 2024
   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14